peirao
now browsing by tag
Helicoptero en Santa Uxía

Hoxe subimos dúas fotos curiosas que nos chegan por un lector da aterraxe dun helicóptero na explanada do porto e a expectación que levantou entre os veciños. Non temos datadas as fotografías polo que si alguén sabe algún dato agradeceríase o comentásedes. Deben ser de principio dos sesenta.
1968 Santa Uxía vista nocturna

Espectacular imaxe do casco urbano de Santa Uxía a finais da década dos 60. A fotografía tomada no serán, amosa a cidade conservando aínda todo o seu encanto si ben empezan a construírse xa os “mamotretos” que marcaron e marcan o feísmo local das décadas posteriores. Santa Uxía empezaba a perder o encanto da “Cidade Branca da Ría de Arousa” que lle dera o premio nacional de embelecemento de pobos en 1959. Vese aínda a lonxa vella, o peirao e destaca a iluminación do recen estreado Monumento o Sagrado Corazón de Xesús, inaugurado apenas catro anos antes, que podía divisarse desde toda a ría.
Vista nocturna de Santa Uxía
1930 Riveira porto

Seguimos avanzando no noso percorrido pola historia fotográfica local. A pesar de que ninguén se anima a colaborar tentarei non desanimarme e o que se di neste caso non tirar a toalla.
A imaxe de hoxe amosa unha imaxe dos anos 30 do peirao de Riveira. Construido inicialmente no 1800 esta zona seria reformada e pasaria de ser dunha estructura de madeira a unha de pedra tendo varias fases de mellora e ampliación que ainda continuan agora. O fondo apreciase entre a néboa os picos da Curota e dos Forcados. A fotografía foi publicada nos anos 30 nunha das obras emblemáticas sobre o noso pais.
©riveira.eu. Si coñece algún outro dato sobre esta foto ou sobre o que se ve nela non dubide en comentalo ou escribir a “redaccion@riveira.info”.Grazas
1959 Riveira aérea

A imaxe foi tomada a finais da década dos 50 principios dos 60, de aí que a datemos nese ano. Estaba en fase de construcción o peirao da lonxa. Poucos comentarios que facer a esta fotografía na que se apreza a beleza da localidade e a súa “potencia” industrial. Santa Uxía recibira o ano 1959 o “Premio Nacional de embellecimiento de Pueblos“.
P.D. Lamento o da marca de auga pero xa vos dixen que estan a piratear as imaxes sin citala fonte.
1914 Porto de Riveira
A imaxe corresponde a unha reproducción recollida por un album de fotos editado polo Círculo Mercantil e Industrial de Riveira en 1975, co gallo do seu 50 aniversario. É parte dunha colección de postais editado polo “Barato de Riveira”, Casa Baltar, establecemento ubicado na actual sede do BBVA na Praza de Otero Goyanes(ver 1914 Porta do Sol (Praza de Otero Goyanes) e que consta dun album dos anos dez de 1900 e que constaba dunhas 20 imaxes.
En primeiro termo á esquerda aparece o barco adega que se encargaba de traer mercadurias e vese lixeiramente o fielato, nome popular que recibían as casetas de cobro dos arbitrios e taxas municipais sobre o tráfico de mercancías, aínda que o seu nome oficial era o de estación sanitaria, xa que aparte da súa función recadatoria servían para exercer un certo control sanitario sobre os alimentos que entraban nas cidades. O termo fielato procede do fiel ou balanza que se usaba para a pesada
©riveira.eu. Si coñece algún outro dato sobre esta foto ou sobre o que se ve nela non dubide en comentalo ou escribir a “redaccion@riveira.info”.Grazas
1966 O malecón na década dos 60
Recuperamos hoxe esta postal de mediados dos sesenta que nos ofrece unha perspectiva do malecón, daquela Avenida de José Antonio Primo de Rivera. Riveira que obtivera en 1959 o “Premio Nacional de embellecemento de pobos”, conservaba aínda o encanto das vilas mariñeiras e facia honra do lema que a fixera popular ” a cidade branca da Ría de Arousa”. A imaxe amosa as conserveiras de Cardona o Abadiño e a salazonera de Colomer. En primeiro plano á dereita a casa de portos onde se atopaba o motor que permitia subilo los barcos o dique.
©riveira.eu
Si coñeces algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.info