A historia do noso Concello (redaccion@riveira.eu 609 800 950 )

A historia do noso Concello (redaccion@riveira.eu 609 800 950 )

Palmeira

now browsing by tag

 
 

Santa Isabel, 95 anos. Estrenase na rede o documental “A lenda do Santa Isabel”

 Este 2 de xaneiro cúmprense 95 anos do naufraxio do vapor-correo Santa Isabel, que embarrancou nos baixos de Sálvora en 1921 ocasionando a morte de 213 persoas, delas 64 nenos. O aniversario é aproveitado por un grupo de alumnos da Facultade de Comunicación da Universidade de Santiago para a realización do documental ”A lenda do Santa Isabel”.

O guión da reportaxe mistura tradición e historia e así se une a lenda de Mariña e a historia do naufraxio do buque. O documental recolle a morte de Roldán e como a serea Mariña decide regresar ás profundidades das augas de Sálvora. Antes bota unha maldición: o primoxénito de cada liñaxe dos Mariño debe ser entregado ao mar onde morrerá afogado. Os autores do documental fan a conexión co naufraxio do Santa Isabel onde faleceron boa parte da pasaxe e da tripulación e do que unicamente se salvaron 56 persoas.

O documental recolle a lenda como simbolismo da cantidade de xente que morre no mar e o pesar que causa nunha comunidade que vive del como é a destas costas. De feito, a reportaxe remata coa seguinte pregunta retórica: Cal é a familia desta comarca que non ten mortos no mar?. Na reportaxe interveñen Xosé María Fernández Pazos, historiador, xornalista e mestre, autor do libro “Sálvora, memoria dun naufraxio. A traxedia do Santa Isabel”, texto no que se recuperou hai caseque 20 anos a historia do naufraxio e as lendas da illa ribeirense; Antonio Piñeiro, profesor, escritor e historiador, Pura Fernández Gude, sobriña de María Fernández Oujo, unha das heroínas de Sálvora e Manuel ‘De López’ e Silva, dous mariñeiros xa retirados da comarca. O documental empeza e remata falando sobre o mar e o seu simbolismo. As entrevistas foron feitas no Porto de Aguiño, no Faro de Corrubedo, no Porto de Palmeira en O Castro en Castiñeiras. Tamén foron gravados planos na Illa de Sálvora, na Praia da Catía, en Corrubedo, en Palmeira, en Ribeira, entre outros lugares.

O documental foi gravado e editado por Antonio Mosquera Montoya, Ana Rial Maneiro, Iago Sánchez Caridad, Laura Seijo Vigo, Pablo Montero Castro, Pablo Portela Rodríguez e Sara Pérez Seijo, que traballaron intensamente na guionización, entrevistas e recursos do mesmo durante varios meses. A reportaxe ten una duración de 17 minutos e pode ser visto partir deste 2 de xaneiro 95  aniversario do naufraxio.

 

  Antonio Mosquera Montoya, Ana Rial Maneiro, Iago Sánchez Caridad, Laura Seijo Vigo, Pablo Montero Castro, Pablo Portela Rodríguez e Sara Pérez Seijo.

1960 Palmeira

Postal de Palmeira a mediados ou principios dos sesenta. A parroquial de San Pedro preside esta vila que é das máis vellas do concello. Chegou incluso a ser concello nos anos vinte e trinta do século dezanove xunto a Santa Uxía, Olveira e Carreira. Alguén aporta algún dato novo. Grazas

Palmeira (Riveira)

1965 Palmeira

1965 Postal de Palmeira a mediados dos sesenta.A parroquial de San Pedro preside esta vila que é das máis vellas do concello. Chegou incluso a ser concello nso anos trinta do século dezanove xuntoa Santa Uxía, Olveira e Carreira.

1965 Palmeira

1940 Vista de Santa Uxía

Imaxe de Coroso nos anos 40 do século XX. Na fotografia apreciase a estrada que une Riveira con Palmeira e o final da ensenada a Illa os Ratos. A estrada foi construida sendo Ministro Antonio Romero Ortiz na década dos anos 60 do século XIX. Substituiu o vello Camiño Real que discurria pola costa ata Palmeira.

1940 Santa Uxía.Arquivo Joferpa

©riveira.eu . Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.eu. Grazas

1965 aprx. Praia de Coroso

A que era xunto a de Colomer a praia da cidade amosa nesta imaxe coloreada de mediados dos sesenta as clásicas casetas de baño que usaban os bañistas para cambiarse. Na beira da praia discurria o vello camiño real que unia Riveira con Palmeira e que era a via de comunicación das duas parroquias antes de que se fixera a estrada actual. A via aparece xa documentada a mediados do século XVI e perdeu o seu uso ata o punto de ser cortada para usos privados o que levantou unha grande polvareda recollida nos anos setenta pola desaparecida revista “Teima”.

 

1965 Praia de Coroso.Arquivo Joferpa

1965 Praia de Coroso.Arquivo Joferpa

©riveira.eu
Si coñeces algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.eu

1920 Palmeira

A imaxe foi publicada nun album de principios do século XX. Corresponde ou peirao de Palmeira. Queres facer algún comentario sobre ela?. Engadeo ou ben escríbenos a redaccion@riveira.info

 © riveira.info

 

© 2017: Riveira na memoria | Easy Theme by: D5 Creation | Powered by: WordPress