Etiqueta: Nervión

1955 Aprx. Vista de Santa Uxía

Pois hoxe traemos unha vista aérea de Santa Uxía a finais da década dos anos cincuenta do século pasado. En primeiro termo aparece a Praza de Compostela e a barriada do Pombal e vemos tamén o edificio do Nervión no porto o lado das fábricas do Abadiño e Cardona,amais doutros emblemáticos edificios que xa son historia. Algun comentario que complete o noso percorrido?.

1958 apr. Riveira volta ciclista

Recuperamos hoxe esta imaxe dunha carreira ciclista no dique ( Actual Avda. do Malecon)  por aquel entón Avda. José Antonio. Era a finais dos cincuenta, si ben non podo datar con exactitude a data da fotografiía nin o acontecemento a existencia dos edificios como Colomer, Cardona, Abadiño, Nervión, etc., situa a imaxe nesas datas. Alguén pode aportar algún dato?. Grazas  

1940 apx. Talleres El Nervión

Falar de “Talleres El Nervión” é falar dunha das industrias máis salientables dos anos 40 a 70 do século XX. Ubicada na entón  “Calle Alcazar de Toledo” (actual Mariño de Rivera) e no dique do porto (Malecón), dedicouse á fabricación dos motores diesel baixo a marca “HMR- Hermanos Martínez Rodriguez”. Especializada especialmente en motores de camións e barcos, onde obtivo grande renome. Existe unha páxina no que se recolle grande cantidade de imaxes desta emblemática empresa á que invitamosLearn More

1966 Vista xeral de Riveira

Emblemática postal xa clásica na que aparece unha vista do centro dá Vila. En primeiro termo á dereita (portón de coor verde) a capela do “Paso de Xesús na horta das Oliveiras” na rúa Cristobal Colón, construída dez anos antes para gardar a imaxe. Detrás a” Sala de Festas Cambeiro” e enfronte o “Consitorio”, construído a principios do século XX e ampliado na década de 1940. Diante aparece a rebautizada como “Praza de Calvo Sotelo”,Learn More

1965 apr. Praza do Concello

Esta imaxe tomada desde a torre da Igrexa Parroquial amosa a praza do Concello, daquela “Plaza de Calvo Sotelo”. En primeiro plano á esquerda a “Sala de Festas Cambeiro coa pista de verán que se abria sempre o dia de San Alberte, e pegado a pista de inverno; despois o Consistorio, vemos tamén o almacen de “Bodegas La Parra” e o fondo os “Talleres El Nervión”. Xa cara a dereita o “Grupo Escolar” e enLearn More

© 2024: Riveira na memoria | Easy Theme by: D5 Creation | Powered by: WordPress