A historia do noso Concello (redaccion@riveira.eu 609 800 950 )

A historia do noso Concello (redaccion@riveira.eu 609 800 950 )

Coroso

now browsing by tag

 
 

1960 Coroso

Despois duns dias de lecer regresamos  e facemolo cunha foto que apunta a que é Coroso. Teño dúbidos o respecto a ver si alguén se anima a facer comentario sobre ela.

IMPRENTA MENDEZ. FOTO CONZALEZ. RIVEIRA

1925 Vista de Coroso

 

Imaxe de Coroso nos anos 20 do século XX. Na fotografía intúese a estrada que une Riveira con Palmeira marcada polos famosos “plataneiros” que limitaban a estrada. Tamén se ve o final dá enseada a Illa dos Ratos.  A estrada foi construída sendo Ministro Antonio Romero Ortíz na década dous anos 60 do século XIX. Substituíu ou lanuxe Camiño Real que discurría pola costa ata Palmeira

Nota: Desgraciadamente véxome na obriga de incluír a partir de agora, unha marca de auga nas fotografías dado que algúns se dedican a piratear as imaxes cortándolle o texto da propiedade e sen citar a procedencia, que é o mínimo que se pode facer, e que nos sempre facemos cando se toma unha imaxe doutro sitio. Lamento as molestias pero aproveitarse do traballo dos demais non parece ético.

@joferpa

@joferpa. Colección privada

1975 aprx. Caramecheiro

A imaxe data de principios dos anos 70 e amosa a praia de Coroso no Caramecheiro. Vese o famoso aparcadoiro, o primeiro da cidade, que servía mais de pista de xogos que de garda coches. Debaixo estaba o “Club Naútico” e vese tamén a estrada da Avenida da  Coruña, e na parte superior á dereita o polideportivo e o “Instituto Santa Uxía”, construídos os dous na beira do vello Camiño Real que unía Riveira con Palmeira. Foto Antonio Parada

1975 Riveira. Caramecheiro

1975 Riveira. Caramecheiro

 ©riveira.eu. Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubide en comentalo ou escribir a “redaccion@riveira.info”. Grazas

 

1940 Vista de Santa Uxía

Imaxe de Coroso nos anos 40 do século XX. Na fotografia apreciase a estrada que une Riveira con Palmeira e o final da ensenada a Illa os Ratos. A estrada foi construida sendo Ministro Antonio Romero Ortiz na década dos anos 60 do século XIX. Substituiu o vello Camiño Real que discurria pola costa ata Palmeira.

1940 Santa Uxía.Arquivo Joferpa

©riveira.eu . Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.eu. Grazas

1965 aprx. Praia de Coroso

A que era xunto a de Colomer a praia da cidade amosa nesta imaxe coloreada de mediados dos sesenta as clásicas casetas de baño que usaban os bañistas para cambiarse. Na beira da praia discurria o vello camiño real que unia Riveira con Palmeira e que era a via de comunicación das duas parroquias antes de que se fixera a estrada actual. A via aparece xa documentada a mediados do século XVI e perdeu o seu uso ata o punto de ser cortada para usos privados o que levantou unha grande polvareda recollida nos anos setenta pola desaparecida revista “Teima”.

 

1965 Praia de Coroso.Arquivo Joferpa

1965 Praia de Coroso.Arquivo Joferpa

©riveira.eu
Si coñeces algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.eu

© 2017: Riveira na memoria | Easy Theme by: D5 Creation | Powered by: WordPress