A historia do noso Concello (redaccion@riveira.eu 609 800 950 )

A historia do noso Concello (redaccion@riveira.eu 609 800 950 )

Casa Consistorial

now browsing by tag

 
 

1965 Riveira Rosalia Castro

Seguimos polos camiños da historia e hoxe traemos unha fotografía da Rúa Rosalia de Castro. Realizada a finais de xullo de 1965 nela aparece o Bar Paquito á esquerda, o Rotterdam á dereita, e vese tamén á esquerda a “viseira” do Cine Rosalia de  Castro da “Empresa Moraña”, construido en 1954 e o fondo nese mesmo lado, o quiosco e claro a Casa Consistorial. Tempos.

 

1965 Santa Uxía de Riveira Rosalia Castro

1965 Santa Uxía de Riveira Rosalia Castro

 

1960 Vista aérea de Riveira

A imaxe amosa unha vista aérea de Riveira a principios dos anos 60. Ofrece a fotografía un aspecto do centro de Santa Uxía, desde a parroquial, a Casa Consistorial, a Sala de Festas Cambeiro”,  o porto coa dársena ou a “Clínica 18 de xullo”, que aparece na parte superior dereita, entre outros moitos edificios.
Tratase dunha reprodución que forma parte dunha serie de imaxes que recolle a vila en todo ou seu explendor, cando aínda era a “Cidade branca dá Ría de Arousa”, e que un lustro antes recibira o “Premio nacional de embellecimiento de pobos”. Foto: P.E.

Riveira 1960

Riveira 1960

 

 

 

 

 

 

 

 

©riveira.eu. Si coñece algún outro dato sobre esta foto ou sobre o que se ve nela non dubide en comentalo ou escribir a “redaccion@riveira.info”.Grazas

1914 Casa Consistorial

Tralo incendio, a finais do século XIX, da vella Casa Consitorial ubicada no peirao riveirense, onde se atopaba  a Farmacia de Tita Fernández (Avda Malecón 1, decidiuse a construcción do novo edificio que se iniciaría no Campo da Feira en 1907. A imaxe corresponde a un album de 1914.

 © riveira.info

Si coñeces algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.info 

© 2018: Riveira na memoria | Easy Theme by: D5 Creation | Powered by: WordPress