Etiqueta: Cardona

1980 Riveira dique

Esta fotografía corresponde a unha vista do malecón a zona máis emblemática de Riveira. Foi realizada a finais da década dos 70.  Dos vellos edificios apenas quedan restos. O edificio da Caixa ocupara xa o Abadiño e o Mercantil a Fábrica de Cardona. e loxicamente o fondo Coroso. Fixarvos no Monte de San Alberto, lucia aínda un frondoso verde unicamente alterado polo depósito do lixo.  

1965 Santa Uxía de Riveira. Avenida do Malecón

A fotografía que traemos hoxe remóntae a finais de xullo de 1965. Enmarcase nunha colección na que amais aparecen imaxes de Aguiño e Corrubedo. Pouco que decir sobre a desfeita da fachada do dique (hoxe Malecón) daquela avenida José Antonio, Na fotografía vense o secadeiro de Colomer, e as conserveiras de Cardona e Abadiño.

1955 Aprx. Vista de Santa Uxía

Pois hoxe traemos unha vista aérea de Santa Uxía a finais da década dos anos cincuenta do século pasado. En primeiro termo aparece a Praza de Compostela e a barriada do Pombal e vemos tamén o edificio do Nervión no porto o lado das fábricas do Abadiño e Cardona,amais doutros emblemáticos edificios que xa son historia. Algun comentario que complete o noso percorrido?.

1958 apr. Riveira volta ciclista

Recuperamos hoxe esta imaxe dunha carreira ciclista no dique ( Actual Avda. do Malecon)  por aquel entón Avda. José Antonio. Era a finais dos cincuenta, si ben non podo datar con exactitude a data da fotografiía nin o acontecemento a existencia dos edificios como Colomer, Cardona, Abadiño, Nervión, etc., situa a imaxe nesas datas. Alguén pode aportar algún dato?. Grazas  

1930 aprx. Riveira Fábrica Cardona

Remítennos esta imaxe correspondente a unha placa das que habitualmente facían as conserveiras para promocionalos seus productos. Trátase dunha da emblemática fábrica de Cardona que se incendiou o 9 de decembro de 1967, o solar foi ocupado posteriomente polo Círculo Mercantil e Industrial, a Biblioteca Pública, o Centro cultural Lustres Rivas e a Caixa. Cardona era unha das conserveiras mais importantes da localidade riveirense. O noso agaredecento o amigo que nos fixo chegar esta imaxeLearn More

1974 Riveira Avda.José Antonio Primo de Rivera

Recuperamos hoxe esta postal de mediados dos setenta que nos ofrece unha perspectiva do malecón, daquela Avenida de José Antonio Primo de Rivera. Riveira que obtivera en 1959 o “Premio Nacional de embellecemento de pobos”, conservaba xa pouco das vilas mariñeiras que a fixera popular ” a cidade branca da Ría de Arousa”. A imaxe amosa o solar da  fábrica de Cardona que se incendiou o 9 de decembro de 1967. O seu lado oLearn More

© 2024: Riveira na memoria | Easy Theme by: D5 Creation | Powered by: WordPress