A historia do noso Concello (redaccion@riveira.eu 609 800 950 )

A historia do noso Concello (redaccion@riveira.eu 609 800 950 )

Banco de La Coruña

now browsing by tag

 
 

90 anos do Banco de La Coruña

O emblemático Banco de La Coruña, abría a súas portas hai 90 anos en Riveira, un luns 3 de setembro de 1928. A entidade bancaria, hoxe BBVA, sería o primeiro banco que contaría cunha oficina física en Santa Uxía, sería na rúa Venecia o lado da Farmacia Ferrer.

Posteriormente o 18 de xaneiro de 1950 o banco compraría na Praza de Otero Goyanes, hoxe Porta do Sol,  unha casa de pranta baixa onde levantaría un novo edificio para instalar a súa oficina. Nese mesmo edificio que aínda hoxe acolle o banco, estaría no seu primeiro andar ata 1975, o Círculo Mercantil e Industrial, entidade que este mesmo mes cumpre tamén 90 anos e que foi fundada polo vallisoletano J. Antonio Martínez de la Devesa, con función de Cámara de Comercio.

O Banco de La Coruña foi absorbido a finais de 1970 polo Banco de Bilbao, absorción que iría parella a apertura de novas oficinas ata ser hoxe o BBVA. O Banco de La Coruña, sería a entidade promotora do despegue económico de Riveira na segunda metade do século vinte. O seu apoio débese por exemplo a posta en marcha de FRINSA, a maior das empresas do noso concello dirixida por Ramiro Carregal e que foi creada na década dos sesenta como fábrica de xeo polo Marqués de Revilla, o avogado Iglesias Corral, e a propia entidade herculina amais doutros socios locais e bancarias, pero esa é outra historia.

1970 Riveira Praza da Igrexa

Estamos ante unha postal de finais dos 60 xa preto dos 70. A foto amosa a Praza de Otero Goyanes. Na imaxe pódese ver a sede daquela do “Banco de La Coruña”, e enriba do cal estaba a sede do Círculo Mercantil e Industrial e tamén coma non as rúas Ramón y Cajal, coa “Panadería de Sinda”, casa por certo construída o mesmo ano que a Igrexa Parroquial en1864.

Xa á dereita do banco na Rúa General Franco vese a Casa Solariega dos Otero. Un dos seus descendentes, José María Otero Goyanes da nome á praza que antigamente se chamaba “Porta do Sol” e ata finais do século XIX, “Praza do Carme”. Tralo pazo estaba antigamente o “Barato de Riveira- Casa Baltar” a principios do século pasado e hoxe ocupada pola “Reloxería Montero”.
Por certo, como vedes a foto fíxose en plenas festas de verán como amosa o alumeado.

1970 Praza Otero Goyanes WM

1972 Riveira Praza de José María Otero Goyanes

A postal amosa a Praza de Otero Goyanes a principios dos anos 70. Na imaxe pódese ver de esquerda a dereita o establecemento de Foto Eugenio, o de electrodomésticos Alex (non lembro o nome), a sede daquela novo Banco de Bilbao (vello Banco da Coruña), enriba a sede do Círculo Mercantil e Industrial e tamén coma non o establecemento Santos, onde estaba antigamente o barato de Riveira na década dos anos vinte do século pasado e hoxe Reloxería Montero.

Coma non aparece a Casa Solariega dos Otero, un dos seus descendentes, José María Otero Goyanes falecido en combate durante a Guerra Civil, da nome á praza que antigamente se chamaba Porta do Sol e ata principios do século XX, Praza do Carme.

1972 Riveira Praza de Otero Goyanes ©riveira.eu. Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubide en comentalo ou escribir a “redaccion@riveira.info”. Grazas.

 

1979 aprx. Praza de Otero Goyanes

A imaxe amosa a praza da igrexa parroquial a principios dos setenta. O empedrado da praza tan típico e que servia de aparcadoiro ós poucos coches que circulaban na cidade. A fotografia foi tomada probablemente en primavera ou verán xa que a sinal de prohibido aparcar colocabase cando se celebraban actos como as procesións. Dado que non habia alumeado é de supoñer q debia ser a primavera.
A imaxe amosa o Banco de Bilbao que absorbera o Banco da Coruña en 1970,primeira entidade bancaria de Riveira desde 1927. Tamén se ve parte do edificio de Acción Católica.

1970 aprx. Praza de Otero Goyanes. Arquivo Joferpa

1979 aprx. Praza de Otero Goyanes. Arquivo Joferpa

© 2018: Riveira na memoria | Easy Theme by: D5 Creation | Powered by: WordPress