A historia do noso Concello (redaccion@riveira.eu 609 800 950 )

A historia do noso Concello (redaccion@riveira.eu 609 800 950 )

Arquivo Joferpa

now browsing by tag

 
 

1960 Vista de Santa Uxía

Espectacular vista de Santa Uxía desde a Rúa Cristobal Colon. Apreciase en primeiro termo a Sala de Festas Cambeiro, á esquerda o tellado do Consistorio e á dereita as casas de protección oficial recén construidas da rúa Rosalía de Castro. 

1914 Riveira, vista xeral do dique

Esta espectacular fotografía, en realidade tres, ofrece unha imaxe de toda a fachada do dique do porto de Santa Uxía. Publicada nun album de 1914 dos que solia facer “El barato de Riveira” (actualmente a Joyeria Montero) permítenos apreciar como era a recén nomeada cidade, destacando as salazoneras e conserveiras, das que chegou a a ver mais dunha ducia. Tamén vense as torres da igrexa Parroquial e coñecidas casas das que apenas quedan en pe media ducia.

A fotografia foí recuperada para un album publicado en 1975 co gallo do 50 aniversario do “Círculo Mercantil e  Industrial de Riveira”, creado en 1925 por un vallisoletano con pretensións iniciais de Cámara de Comercio. Para facela composición actual houbo que traballar darreo sobre os orixinais para casar as imaxes e retocalos fallos existentes, traballo realizado para a obra “Sálvora, memoria dun naufraxio. A Traxedia do Santa Isabel”.

1914 Riveira dique. Arquivo Joferpa.

1914 Riveira dique. Arquivo Joferpa.

1940 Muelle Colón Riveira

Traemos hoxe a aportación dun veciño de Santa Uxía. Unha magnifica imaxe dos anos cuarenta do século pasado que nos ofrece unha foto do muelle de Colón, no dique hoxe desaparecido polo recheo dos anos 80.
1940 Muelle de Colón. Riveira. Arq.Joferpa .EW.

©riveira.eu. Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubide en comentalo ou escribir a “redaccion@riveira.info”. Grazas.

1920 Patrona Santa Uxía

Hoxe día da patrona Santa Uxía, baixo o patronazgo da cal está Riveira desde a creación parroquial no século XII, traemos a imaxe dunha postal de principios dos anos 20 do século pasado, editada polo establecemento “El que mas barato vende:EL BARATO DE RIBEIRA” establecementos Baltar, que ocupaba o que hoxe é a sede do BBVA na Praza da Igrexa.
A imaxe foi realizada polo prestixioso escultor compostelán Maximino Magariños Rodriguez de Bendañ, a quen se lle encargou tamén a realización do altar maior da igrexa parroquial presidida pola imaxe de Santa Uxía, martir do século V.
Dada a celebración que estamos a vivir publicamos unha breve cronoloxía histórica da parroquia desde que aparece citada por primeira vez nos documentos históricos e que esperamos sirva para coñecer un pouco mais a nosa historia. Feliz día de Santa Uxía…..

1920 Patrona Santa Uxía (Riveira). Arquivo Joferpa

1920 Patrona Santa Uxía (Riveira). Arquivo Joferpa

BREVE CRONOLOXIA HISTORICA DA PARROQUIA DE SANTA UXIA DE RIVEIRA

– Séc XII. Creanse as parroquias dentro do arciprestado de Postamáricos, Riveira queda baixo a advocación de Santa Uxía.
– 1159. Aparece por primeira vez nun documento o nome de “Santa Eugenia de Ripe Maris”.
– 1182. Referencia documental a Deán Menor nun testamento de doazón de propiedades a Toxosoutos.
– Séc XII.Referencia documental á capela de Santo Alberte.
– 1438. Referencia a “Sta. Ougea de Rribeyra” no ‘Liber Tenencie de Hórreo o memorial de la hacienda, rentas, pensiones da antigua Tenencia ”, escrito polo coéngo, Gonzalo Vázquez de Mandayo
– Séc. XVI. Referencia á existencia dunha igrexa na actual praza de Compostela.Primeiros libros de fábrica e bautizados
– 1864. Consagración da actual Igrexa Parroquial de Santa Uxía polo párroco Domingo Antonio do Pazo
– Séc XIX. Traslado do camposanto católico desde a praza de Compostela a Cristobal Colón
– Séc. XX. Traslado do camposanto ó actual en Fafián.
– 1921. Abrese o vello camposanto para acoller as víctimas do “vapor-correo Santa Isabel”.
– 1899. Construción da actual reitoral en substitución da vella situada no lugar de Queiximonde-Martín. Párroco Manuel Molinos Molinos
– 1904. Iníciase a construción do altar maior da Igrexa parroquial.
– 1960. Nace Radio Riveira, emisora parroquial, que emite na onda media desde a rúa Cristobal Colón.
– 1964. Inauguración do “Monumento ó Sagrado Corazón de Xesús” en tempos do párroco, Juan Bautista Boo Romero e por iniciativa de Josefa Santos.
– 1993. Consagración da Igrexa de Santa Clara, sendo párroco Cesáreo Canabal

©riveira.eu. Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubide en comentalo ou escribir a “redaccion@riveira.info”. Grazas.

O "Titanic" galego cumpre 90 anos

O domingo 2 de xaneiro de 2011 cumprironse 90 anos do afundimento do vapor -correo Santa Isabel. O suplemento “Los domingos de La Voz” publicou un artigo meu sobre a historia do naufraxio que tivo lugar precisamente un domingo de hai 90 anos.

© 2019: Riveira na memoria | Easy Theme by: D5 Creation | Powered by: WordPress