A historia do noso Concello (redaccion@riveira.eu 609 800 950 )

A historia do noso Concello (redaccion@riveira.eu 609 800 950 )

Aguiño

now browsing by tag

 
 

1940 apx. Aguiño

Aguiño é despois de Castiñeiras, a parroquia máis moza do Concello de Riveira. De poboamento xoven pertenceu ata a súa creación á Parroquia de San Paio de Carreira, a maís antiga das ferigresias do hoxe Concello de Riveira. Baixo a advocación da Nosa Señora do Carme, creouse como parroquia o 9 de maio de 1959 sendo cardeal- arcebispo da diocesis, Fernando Quiroga Palacios, e o seu primeiro sacerdote, Francisco Lorenzo Mariño.  Aguiño contaba no censo de 1897, con 17 habitantes o que da idea do seu crecemento espectacular en apenas cen anos. Vinculada o mundo do mar Aguiño supera actualmente os dous milleiros de habitantes. A imaxe recolle a zona do varadoiro de dornas actualmente o dique do porto.

A fotografia poderia estar datada na década dos anos coarenta do século XX, foinos remitida por Andrés P.Gude, e pertence o arquivo de Sito “o Chopo”, a quenes agradecemos sinceiramente a colaboración. Teremos oportunidade de ver mais imaxes desta colección.

1940 Aprx. Aguiño, Riveira w©riveira.eu. Si coñece algún outro dato sobre esta foto ou sobre o que se ve nela non dubide en comentalo ou escribir a “redaccion@riveira.info”.Grazas

 

© 2017: Riveira na memoria | Easy Theme by: D5 Creation | Powered by: WordPress