1980
now browsing by tag
1980 Riveira dique

Esta fotografía corresponde a unha vista do malecón a zona máis emblemática de Riveira. Foi realizada a finais da década dos 70. Dos vellos edificios apenas quedan restos. O edificio da Caixa ocupara xa o Abadiño e o Mercantil a Fábrica de Cardona. e loxicamente o fondo Coroso.
Fixarvos no Monte de San Alberto, lucia aínda un frondoso verde unicamente alterado polo depósito do lixo.
Manuel Lustres Rivas, xornalista e escritor
José Manuel Antonio Lustres Rivas (Riveira, 11 de xaneiro de 1888 – Redondela, 10 de novembro de 1936), xornalista, político e escritor riveirense, vítima da represión do bando franquista durante a Guerra Civil. Fillo dun piloto de buques mercantes, José Lustres Gonzalez e de María Rivas Otero, trasladouse a Santiago de Compostela para estudar medicina na súa universidade. Alí fíxose amigo de Castelao e participou nos debates do Café Colón. Moi vinculado ao galeguismo, empezou a colaborar no diario ourensán O Miño e en en Galicia Nova e na Gaceta de Galicia, que se editaba en Vigo. Foi tamén director do Heraldo Galego. En 1915 marchou a Madrid onde escribiu para España Nova, A Xornada, O Liberal e A Publicidade. Regresou a Galicia en 1918, onde colaborou coa Concordia de Vigo ata 1922. Ao ano seguinte foi nomeado redacto-xefe do xornal “Galicia. Diario de Vigo”. Tras pasar uns anos en Arxentina durante a ditadura de Primo de Rivera, á volta colaborou co Faro de Vigo, entre outros medios.
Nos primeiros días da Guerra Civil, foi detido na sé do xornal e encarcelado na prisión habilitada no antigo lazareto da illa de San Simón. Foi asasinado en novembro de 1936 e o seu corpo achado nunha estrada próxima a Redondela. En 1986 foi declarado Fillo Ilustre de Riveira.
por Xosé María Fernández Pazos, xornalista e historiador