A historia do noso Concello (redaccion@riveira.eu 609 800 950 )

A historia do noso Concello (redaccion@riveira.eu 609 800 950 )

1970

now browsing by tag

 
 

1970 apr Riveira desfile festas de verán

Subimos hoxe esta fotografia dun desfile de animadores en pleno centro de Santa Uxía. A actual Rúa Galicia era escenario deste desfile que se celebraba casi seguro durante as festas. Tedes datos?. A ver si podemos concretar algo mais da foto. 1970-riveira-desfile-wm

1970 Riveira Praza da Igrexa

Estamos ante unha postal de finais dos 60 xa preto dos 70. A foto amosa a Praza de Otero Goyanes. Na imaxe pódese ver a sede daquela do “Banco de La Coruña”, e enriba do cal estaba a sede do Círculo Mercantil e Industrial e tamén coma non as rúas Ramón y Cajal, coa “Panadería de Sinda”, casa por certo construída o mesmo ano que a Igrexa Parroquial en1864.

Xa á dereita do banco na Rúa General Franco vese a Casa Solariega dos Otero. Un dos seus descendentes, José María Otero Goyanes da nome á praza que antigamente se chamaba “Porta do Sol” e ata finais do século XIX, “Praza do Carme”. Tralo pazo estaba antigamente o “Barato de Riveira- Casa Baltar” a principios do século pasado e hoxe ocupada pola “Reloxería Montero”.
Por certo, como vedes a foto fíxose en plenas festas de verán como amosa o alumeado.

1970 Praza Otero Goyanes WM

1970 aprx. Riveira-Praia de Colomer

Estes días de calor seguro que moitos añorades a vella praia da cidade que permitía facer unha escapada o mediodía.  A fotografía, da que puxemos unha data aproximada, amosa a praia de Colomer.  Na marxe central superior apreciase o mercado de abastos actualmente o Auditorio e á esquerda a chimenea da fábrica da actual Cerqueiras, antiguamente Pereira. O fondo o barrio da Bandourrío que xunto a Deán é o núcleo orixinario da cidade. Nos anos 80 o recheo no que se fixo a parada dos autobuses, a clínica e as delegacións de pesca e facenda acabaron co encanto da zona.

colomer

1970 Aprox. Festa da Dorna

24 de xullo cumprense 67 anos da posta en marcha da Festa da Dorna. A historia da mesma aparece recollida na páxina da Confradia, e hoxe do arquivo inicial creado polo lembrado Alejandro Llovo (D.E.P), traemos unha imaxe que recolle as xuntanzas que se celebraban na Sala de Festas Cambeiro e que servia de prólogo o baile de gala que empezaba ás 12 da noite.

Emilio Sanmamad e a súa esquerda Constantino Cobas Alvarez,  xunto con outros amigos, sabedes quenes son?, aparecen nesta fotografía coa que hoxe queremos rendir homenaxe a esta emblemática festa recuperada nos últimos anos tras unha travesía polo deserto de varios anos.

1970 Riveira Festa da Dorna

1970 Riveira Festa da Dorna

O ano seguinte da sua creación en 1949, celebrariase o primeiro baile de gala que tería lugar na “Salón Cambeiro”, cedido durante anos para a recadación de cartos cos que se farian dornas que se sortearian entre as familias necesitadas do concello.

O paso do tempo faría esmorecer a Festa dá Dorna a finais dous anos oitenta, si ben xa na década dos 90, un grupo de mozos recupera a celebración dándolle iso si un carácter totalmente distinto.  A reprodución amosa a primeira invitación do baile de Gala que tería lugar ese ano o 23 de xullo, se ben posteriormente pasaría o 24 de xullo.

1949 Invitación da festa da dorna o segundo ano da súa creación. Arquivo Joferpa-Dorna

1949 Invitación da festa da dorna o segundo ano da súa creación. Arquivo Joferpa-Dorna

©riveira.eu . Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.eu. Grazas

1970 Riveira Praza de Calvo Sotelo actual do concello

A vella Casa Consistorial  que aparece nesta imaxe de Foto González, sería derrubada no primeiro trimeste do ano 1974. O edificio foi construído en dúas fases, a primeira delas en 1904 cando o Alcalde, José Martínez Fernández, de quen xa falamos nesta mesma web (ver enlaces) retoma o proxecto de construcción dun edificio municipal tras arder o anterior en 1862 e estar de aluguer durante mais de 40 anos. Este rexidor  retoma un proxecto anterior doutro alcalde,  Manuel Fernández González, que en 1878 quixo facer o Consistorio. Tratábase de sustituir o vello edificio  e encargou o  proxecto o arquitecto, Juan Ramón Correa Mariño, se ben non se levou a cabo.

Outras imaxes da praza :http://riveira.eu/arquivos/136

1970 Riveira Praza do Concello

1970 Riveira Praza do Concello

©riveira.eu. Si coñece algún outro dato sobre esta foto ou sobre o que se ve nela non dubide en comentalo ou escribir a “redaccion@riveira.info”.Grazas

1970 Riveira Caramecheiro

A imaxe data a principios dos anos 70 amosa o inicio da praia de Coroso en Padín hoxe Praza da Concordia e Avda. García Bayón. O cambio foi radical co recheo feito nunha zona gañada o mar e propiedade de costas que estivo a punto a mediados dos anos 80 de orixinar o seu derrube o carecer de permiso para a súa realización.

A fotografía como no caso anterior , foinos remitida por Andrés P.Gude, e pertence o arquivo de Sito “o Chopo”, a quenes agradecemos sinceiramente a colaboración.

1970 Santa Uxía Caramecheiro

1970 Santa Uxía Caramecheiro

©riveira.eu. Si coñece algún outro dato sobre esta foto ou sobre o que se ve nela non dubide en comentalo ou escribir a “redaccion@riveira.info”.Grazas

© 2017: Riveira na memoria | Easy Theme by: D5 Creation | Powered by: WordPress