Etiqueta: 1960

1960 apr. Praza do peixe e lonxa de Santa Uxía

Podíamos empezar decindo quen che ve e quen che veu. Esta foto de finais dos 50 e principios dos sesenta recolle a  vella “praza do peixe” e a “lonxa do peixe”. Hoxe unha nova instalación modernista que acollerá a Praza de Abastos está a punto de inaugurarse o que permitirá ver polo menos, parte da dársena tapada polas sucesivas construccións portuarias. Que tal si vos animades e nos escribides algún comentario?. “redaccion@riveira.eu”

1960 aprx. Riveira O Carme verán

A principios do século XX , Riveira chegou a ter case duas semanas de festas. Unianse toda-las celebracións relixiosas. Evidentemente eran outro tipo de “solemnidades”. Co paso do tempo separaronse e cada unha foi caendo na súa data actual. ë o caso das festas do verán na que se celebra O Carme, San Pedro, San Cristovo, etc. A imaxe corresponde a principios dos anos sesenta coa celebración da festa do Carme, coa Patrona Santa uxíaLearn More

1960 Riveira Bandourrio

Cheganos esta imaxe aérea da barriada de Bandourrio, con Deán, os núcleos orixinarios  da cidade. Ainda se ven as fábricas de Valeiras no Touro o fondo, e Cerqueiras en primeiro plano e como non a salazonera de Colomer que daba nome á máis popular das praias da cidade. Como se aprecia na imaxe estabamos en primavera ou verán xa que a praia estaba moi concorrida.  ©riveira.eu . Si coñece algún outro dato sobre esta imaxeLearn More

1960 Riveira Casas baratas

Seguimos no noso percorrido fotográfico pola historia local de Riveira e hoxe traemos unha imaxe aérea datada aproximadamente en 1960. Xa estaba construído o Grupo escolar e as casas baratas. Apreciase tamén a esquina das naves de Talleres Nervión e as avenidas Miguel Rodriguez Bautista e por aquel entón a rúa Alcazar de Toledo, actual Mariño de Rivera. Foto P.E. Por certo animaros a dar difusión á web e a uniros o grupo de facebook:Learn More

1960 Vista aérea de Riveira

A imaxe amosa unha vista aérea de Riveira a principios dos anos 60. Ofrece a fotografía un aspecto do centro de Santa Uxía, desde a parroquial, a Casa Consistorial, a Sala de Festas Cambeiro”,  o porto coa dársena ou a “Clínica 18 de xullo”, que aparece na parte superior dereita, entre outros moitos edificios. Tratase dunha reprodución que forma parte dunha serie de imaxes que recolle a vila en todo ou seu explendor, cando aíndaLearn More

1960 Dársena de Riveira

A imaxe do ano 1960 amosa a dársena do porto de Riveira xa coa sua configuración caseque definida. Vese a zona do asteleiro onde se subian vos barcos para ao seu arranxo, e xa na primeira fila de vivendas e de esquerda a dereita, a Casa de Vilas, a fábrica de Cardona coa sua cheminea, a fábrica do Abadiño e os talleres “El Nervión”. Diante da fábrica de Cardona vense ainda os bloques que servían paraLearn More

© 2024: Riveira na memoria | Easy Theme by: D5 Creation | Powered by: WordPress