Etiqueta: 1960

1960 Riveira dique

A postal amosa a zona do dique nos anos cincuenta. Por aquel entón denominada Avenida de José Antonio nome imposto tralo levantamento militar do 36. O fondo aprecianse os secadeiros de Colomer e a cheminea de Cerqueiras    

1960 Secadeiro de Colomer Riveira

Lembro con especial agarimo esta imaxe que me leva á nenez. Nesta rúa que recuperou ou seu nome orixinal nos últimos lustros “Campo de Marte”, discurreu a miña infancia. Aqueles anos levaba ou nome de” General Sanjurjo”. O secadeiro de Colomer enchía co seu cheiro a salitre toda a veciñanza. Seguro que moitos de vos lembrades ainda esa rúa hoxe ocupada por unha clínica e un edificio cheo de bares e que conserva o caserónLearn More

1960 Palmeira

Postal de Palmeira a mediados ou principios dos sesenta. A parroquial de San Pedro preside esta vila que é das máis vellas do concello. Chegou incluso a ser concello nos anos vinte e trinta do século dezanove xunto a Santa Uxía, Olveira e Carreira. Alguén aporta algún dato novo. Grazas

1960 Dique(malecón) Riveira

Tralo tempo estival retomamos a suba de imaxes e documentos sobre os nosos pobos. Hoxe facemolo con esta imaxe do dique- malecón- nos anos sesenta, tal vez finais dos cincuenta. Como non en primeiro plano o secadero de bacallau de Colomer. Algunha aportación?

1960 Coroso

Despois duns dias de lecer regresamos  e facemolo cunha foto que apunta a que é Coroso. Teño dúbidos o respecto a ver si alguén se anima a facer comentario sobre ela.

1960 aprx Corrubedo

Esta fin de semana e coincidindo coas suas festas de verán traemos unha fotografía de Corrubedo que debe ser de finais dos 50 ou principio  dos sesenta. Alguén pode concretar mais?. Corrubedo é con Santa Uxía a parroquia da que mais fotografías vellas existen.  As súas características de típica vila galega namoraron desde sempre ós fotógrafos que fixeron da pequena parroquia moitas imaxes.

© 2024: Riveira na memoria | Easy Theme by: D5 Creation | Powered by: WordPress