A historia do noso Concello (redaccion@riveira.eu 609 800 950 )

A historia do noso Concello (redaccion@riveira.eu 609 800 950 )

1958

now browsing by tag

 
 

1958 Paso de Xesús no horto dos Olivos

Hoxe Mércores Santo sairá o paso de Noso Señor Xesús no Horto dos Olivos. Esta emblemática procesión ten a súa orixe no ano 1956, cando se creou a confradía do seu nome. Feito en Santiago por J.Aldrey tivo un coste de cen mil pesetas da época e antes de vir a Santa Uxía quedou instalado na entrada da alameda de Santiago ante a expectación dos veciños. A obra estivo no interior do templo parroquial na nave esquerda enfronte á pila bautismal. Sen embargo o feito de ter que desmontalo paso cada semana santa e montalo fora xa que non cabia pola porta principal, fixo que se lle construira unha capela nos terreos do vello camposanto. Ali estivo ata finais dos oitenta en que se lle fixo un apaño no novo edificio.

O conxunto procesionaba inicialmente  o Xoves Santo, si ben caseque de seguido o feito de que participaran na mesma o Cardeal Quiroga Palacios, o gobernador civil e  o marqués que presidía a confradía, fixo que se trasladara o mércores.  Do tamaño da procesión pode dar idea de que levaba duas bandas de música e non se escoitaban entre elas. Nos anos oitenta a procesión volveu sair o xoves santo. Durante dous lustros a imaxe deixou de sair unha vez que Xosé Fernández Cambeiro, que era quen substentaba os custes da procesión deixou de facelo pola idade.

Hai uns anos o concello decidiu recuperala procesión creando nova vestimenta e facendo que saia novamente o mércores pola noite.

o pasoImaxe do Paso no ano 1960

1958 apr. Riveira volta ciclista

Recuperamos hoxe esta imaxe dunha carreira ciclista no dique ( Actual Avda. do Malecon)  por aquel entón Avda. José Antonio. Era a finais dos cincuenta, si ben non podo datar con exactitude a data da fotografiía nin o acontecemento a existencia dos edificios como Colomer, Cardona, Abadiño, Nervión, etc., situa a imaxe nesas datas. Alguén pode aportar algún dato?. Grazas

1958 Riveira Carreira ciclista w

1958 Riveira Carreira ciclista

 

1958 Fielato

Aínda que a vida de Riveira sempre estivo vinculada o mar, non sería ata 1801 cando se empezaría a construción do primeiro dique. O crecemento pesqueiro de Santa Uxía tería un pulo importante a partir do século XVIII, no que boa parte do mesmo tería moito que ver a chegada das familias cataláns e a construción das fábricas. Santa Uxía mantiña a sua relación comercial habitual por mar en concreto con Vilagarcía o porto por excelencia da ría.
A imaxe que traemos hoxe corresponde a finais da década dos cincuenta. No primeiro termo aparece o fielato, nome popular que recibían as casetas de cobro dos arbitrios e taxas municipais sobre o tráfico de mercancías, aínda que o seu nome oficial era o de estación sanitaria, xa que aparte da súa función recadatoria servían para exercer un certo control sanitario sobre os alimentos que entraban nas cidades. O termo fielato procede do fiel ou balanza que se usaba para a pesada.

A partir de 1961 o lugar onde estaba este servizo pasou a ser ocupado pola Axudantía de Mariña que con anterioridade se atopaba na primeira planta dun edificio situado na rúa Xeneral Franco, antiga rúa Venecia, e que no baixo contaba nos últimos anos coa sucursal dunha entidade bancaria, enfronte xusto do cruceiro da Virxe da Saúde no Castelo. AHM

Fielato Riveira finais dos anos 50

Fielato Riveira finais dos anos 50

©riveira.eu . Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.eu. Grazas

1958 aprox. Malecón Avda.José Antonio

Recuperamos hoxe esta postal de mediados dos cincuenta que nos ofrece unha perspectiva do malecón, daquela Avenida de José Antonio Primo de Rivera. A imaxe amosa as conserveiras de Cardona o Abadiño e a salazonera de Colomer. Tratase dunha postal dunha imaxe en branco e negro coloreada e na que se aprecia o fondo a construcción do ramal do peirao.

image

©riveira.eu
Si coñeces algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.info. Arquivo Joferpa

© 2017: Riveira na memoria | Easy Theme by: D5 Creation | Powered by: WordPress