A historia do noso Concello (redaccion@riveira.eu 609 800 950 )

A historia do noso Concello (redaccion@riveira.eu 609 800 950 )

1955

now browsing by tag

 
 

1955 Corrubedo dunas

A postal de hoxe traenos a imaxe das mal chamadas dunas de Corrubedo, xa que en realidade as dunas son de Olbeira. Trátase dunha imaxe da segunda metade da década dos cincuenta. As dunas forman parte do complexo que se extende desde o pobo de Corrubedo ata punta Couso. A gran duna ten unha altura media de 20 metros e 200 metros de longo, o seu movemento ven marcado polos ventos do terceiro cadrante, sudoeste, que son os que lle imprimen esa mobilidade.

A zona conta con numerosas leendas como a da cidade de Valverde afundida na lagoa do Vilar ou a do “Boi que brua” recollida por Leandro Carré Alvarellos( “O boi bruador”) a principios do século XX.

1955 Corrubedo Dunas

1955 Corrubedo faro

O Faro de Corrubedo terminouse de construir 1853, e foideseñado polo enxeñeiro Celedonio Uribe, autor de numerosas obras e reformas urbanísticas levadas a cabo en Riveira na segunda metade do s. XIX. A súa torre é de seccíon troncocónica arrincando  do interior do inmoble e soporta un equipo luminoso cun foco a 14 metros de altura sobre o terreo e a 32 sobre o nivel medio do mar. Destaca a escaleira de caracol realizada na forxa de Sargadelos.
En 1856 comezou a funcionar como guía para a navegación e empregábase aceite para a iluminación, máis tarde petróleo e, na segunda metade do século XX, corrente eléctrica.
A raiz do naufraxio do Santa Isabel en 1921 a autoridade marítima decidiu que o faro emitise con coor vermello xa que a sua luz branca parece foi unha das causas da confusión no naufraxio. A partir de entón, o faro de Corrubedo empezou a coñecerse como o faro comunista.
Co levantamento militar do 36 as autoridades decidiron que pasara novamente a emitir luz branca.

A postal de hoxe ofrece unha imaxe do faro na segunda metade dos anos cincuenta do século pasado.

1955 Faro de Corrubedo

1955 Faro de Corrubedo

1955 Festas de verán

Empezan as festas de verán e non me resisto a  recuperar esta fotografía publicada na edición de El Correo Gallego na sección “Hai 25 anos”. Trátase dunha foto do malecón do ano 1991. As instalacións da recén estreada lonxa acollian os actos en honra da Virxe do Carmen.

1991 Riveira festas de verán

E coma non o programa de festas de 1955, completo para que podades disfrutar de como se vivian naqueles anos as chamadas “Festas tradicionais”

programa 1955 portada

 

1955 Grupo Escolar e casas baratas

A fotografía de hoxe lévamos á década dos 50 do século pasado. O 17 de abril de 1941, a corporación municipal do concello de Ribeira acorda encargar o proxecto de construcción do futuro grupo escolar ao aparellador coruñés Peregrino Cotellos.

O 20 de xullo de 1944 a Corporación Municipal decide construír nuns terreos propiedade de José Pérez Fernández e herdeiros de Silverio Pereira situados na estrada Nova, hoxe Miguel Rodríguez Bautista, a nova agrupación escolar da cidade de Ribeira. Non houbo acordo cos propietarios para a súa adquisición e dado o estado en que se atopaban as distintas escolas, decidiuse tramitar a expropiación forzosa dos terreos por causa de utilidade pública.

A poxa definitiva das obras do grupo escolar, tivo lugar o 21 de xullo de 1945, adxudicándose a favor de Loreto Castellanos Miguel na cantidade de 364.546,48 ptas.

O 3 de febreiro de 1949, a Corporación Municipal acorda darlle o nome de Francisco Franco e o 2 de xullo do mesmo ano, tómase o acordo de trasladar ao alumnado das diferentes escolas públicas da cidade á nova agrupación escolar .

O 12 de febreiro do 1950 inaugúrase oficialmente, aínda que xa levaba tempo funcionando, o Grupo Escolar coa asistencia de gobernador civil e outras autoridades provinciais.

1955 Grupo Escolar W

1955 Vista aérea de Riveira

A fotografía de hoxe amosa unha vista de Riveira en 1955 aproximadamente. Trátase dunha colección de 6 fotos feitas en 6×6 que amosa distintas perspectivas da cidade.

1955 Riveira aérea wm

1955- Programa das Festas tradicionais de Santa Uxía de Riveira

Seguimos en Festas e que mellor que lembrar como eran hai 60 anos. Traemos hoxe  o programa completo do programa de aquelas festas que tiñan lugar entre o 6 e o 9 de agosto dedicadas a San Antonio, Santísimo Sacramento, Virxen do Rosario e Virxen do Carmen. Lembraredes os nomes de comercios e rúas da nosa cidade. Espero o disfrutedes.

E grazas polo apoio amosado no facebook estamos a punto de chegar ós 500 siareiros: https://www.facebook.com/Riveiranahistoria

 

 

© 2017: Riveira na memoria | Easy Theme by: D5 Creation | Powered by: WordPress