1949
now browsing by tag
1949 Invitación festa da dorna

O ano seguinte en 1949, celebrariase o primeiro baile de gala que tería lugar na “Salón Cambeiro”, cedido durante anos para a recadación de cartos cos que se farian dornas que se sortearian entre as familias necesitadas do concello.
O paso do tempo faría esmorecer a Festa dá Dorna a finais dous anos oitenta, si ben xa na década dos 90, un grupo de mozos recupera a celebración dándolle iso si un carácter totalmente distinto. A reprodución amosa a primeira invitación do baile de Gala que tería lugar ese ano o 23 de xullo, se ben posteriormente pasaría o 24 de xullo.
- ©riveira.eu. Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubide en comentalo ou escribir a “redaccion@riveira.info”. Grazas
1949 Pelegrinaxe da Virxe de Fátima
O 6 de maio de 1949 chegaba a Riveira a imaxe pelegrina da Virxe de Fátima . Viña recorrendo desde Portugal as vilas españolas parando nas parroquias, a Santa Uxía chegaba desde Puebla e Rianxo -Asados. Entraba polos Remedios e baixou cara á parroquial momento que recolle a imaxe que como se ve congregou a centos de veciños en procesión
©riveira.eu
Si coñeces algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.eu