A historia do noso Concello (redaccion@riveira.eu 609 800 950 )

A historia do noso Concello (redaccion@riveira.eu 609 800 950 )

1945

now browsing by tag

 
 

1945 aprx. Riveira Procesión do Corpus Christi

Recentemente celebrouse a festa do Corpus, xa sabedes un dos tres xoves do ano que brilan mais que o sol…), pero claro eran otros tempos e aqueles xoves festivos psaron a domingo. A imaxe amosa precisamente  aprocesión do Corpus dun xoves dos anos coarenta,  que percorría as rúas de Santa Uxía. Alguén sabe ubicalo sitio? Xeneral Franco preto de Rosalia Castro? . A foto foi cedida o arquivo parroquial para a exposición e a  edición do libro que a finais de ano sairá co gallo dos 150 anos da consagración da  Igrexa Parroquial.

Riveira. Corpus na década dos coarenta .

Riveira. Corpus na década dos coarenta .

©riveira.eu . Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.eu. Grazas

1945 Praia de Colomer

A fotografia amosa a praia de Colomer, xunto a de Coroso a que acudia a xente da cidade. Na marxe superior dereita apreciase o mercado de abastos actualmente o Auditorio e o final a chimenea da fábrica da actual fábrica de  Cerqueiras, antiguamente Pereira. O fondo o barrio da Bandourrio que xunto a Deán é o núcleo orixinario da cidade.

1945 Colomer

©riveira.eu . Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.eu. Grazas

1945 Xoves Santo

1945, xoves santo, membros da dotación de vixilancia do exército destinados na estación da Cunlleira, dirixianxe cara a igrexa parroquial de Riveira a rendir honores o Santísimo.
A imaxe corresponde o pelotón da dotación cun sarxento enfilando a recén rebautizada como Praza de José María Otero Goyanes, e que antiguamente se denominada como Porta do Sol e anteriormente Praza do Carmen ( finais do século XIX).

Os soldados tiñan como misión a vixiancia, custodia e colaboración na estación metereolóxica alemana que contaba con catro membros. Os soldados xermanos especialistas en metereoloxía,  estiveron durante 3 ou 4 anos controlando xunto a outras estacións ubicadas na costa galega o tempo no atlántico. A información era remitida a un submarino quen a súa vez a facia chegar o mando alemán para planificar as incursións da aviación no Cantábrico. Foto M. V. Arquivo xose fdez.pazos.

Arquivo Joferpa foto MV

1947 dotación militar

©riveira.eu . Si coñeces algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.eu

 

© 2019: Riveira na memoria | Easy Theme by: D5 Creation | Powered by: WordPress