Etiqueta: 1940

1940 Muelle Colón Riveira

Traemos hoxe a aportación dun veciño de Santa Uxía. Unha magnifica imaxe dos anos cuarenta do século pasado que nos ofrece unha foto do muelle de Colón, no dique hoxe desaparecido polo recheo dos anos 80. ©riveira.eu. Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubide en comentalo ou escribir a “redaccion@riveira.info”. Grazas.

1940 Riveira porto

Esta espectacular fotografía de apenas uns cms de ancho no seu orixinal, ofrece unha imaxe do peirao e das fábricas existentes na época en Santa Uxía. En primeiro termo os tellados do secadeiro de bacallau de Colomer. Vense tamén as fábricas de Cardona e do Abadiño e en primeiro termo o edificio do “fielato”, onde se abonaban as taxas comerciais das mercadurias. ©riveira.eu . Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre oLearn More

1940 Vista de Santa Uxía

Imaxe de Coroso nos anos 40 do século XX. Na fotografia apreciase a estrada que une Riveira con Palmeira e o final da ensenada a Illa os Ratos. A estrada foi construida sendo Ministro Antonio Romero Ortiz na década dos anos 60 do século XIX. Substituiu o vello Camiño Real que discurria pola costa ata Palmeira. ©riveira.eu . Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubidesLearn More

1940 apx. Aguiño

Aguiño é despois de Castiñeiras, a parroquia máis moza do Concello de Riveira. De poboamento xoven pertenceu ata a súa creación á Parroquia de San Paio de Carreira, a maís antiga das ferigresias do hoxe Concello de Riveira. Baixo a advocación da Nosa Señora do Carme, creouse como parroquia o 9 de maio de 1959 sendo cardeal- arcebispo da diocesis, Fernando Quiroga Palacios, e o seu primeiro sacerdote, Francisco Lorenzo Mariño.  Aguiño contaba no censoLearn More

1940 apx. Talleres El Nervión

Falar de “Talleres El Nervión” é falar dunha das industrias máis salientables dos anos 40 a 70 do século XX. Ubicada na entón  “Calle Alcazar de Toledo” (actual Mariño de Rivera) e no dique do porto (Malecón), dedicouse á fabricación dos motores diesel baixo a marca “HMR- Hermanos Martínez Rodriguez”. Especializada especialmente en motores de camións e barcos, onde obtivo grande renome. Existe unha páxina no que se recolle grande cantidade de imaxes desta emblemática empresa á que invitamosLearn More

1940 Rosalia Castro e Alameda

A imaxe que recuperamos hoxe corresponde a1940 aproximadamente. Nela recollese o aspecto do Campo do Fraile ou praza do concello e a Avenida de Rosalía de Castro. Na fotografía apreciase na parte dereita o “Café de Núñez” e a parada dos autobuses “El Celta”. Foto AMR ©riveira.eu . Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.eu. Grazas

© 2024: Riveira na memoria | Easy Theme by: D5 Creation | Powered by: WordPress