A historia do noso Concello (redaccion@riveira.eu 609 800 950 )

A historia do noso Concello (redaccion@riveira.eu 609 800 950 )

1930

now browsing by tag

 
 

1930 aprx. Banda ó Río

É dificil datar esta imaxe xa que a zona de Banda ó Río apenas cambiou ata mediados dos sesenta. En todo caso dado que non aparece o mercado municipal poderiase estimar que é anterior ós anos coarenta. Si aparece a fábrica de Cerqueiras e unha pequena parte da praia de Colomer. Seguro que podedes aportar datos. Grazas.

1940 Bandourrio

1939 Heroína riveirense

 Na década dos anos noventa recuperei para a historia local de Riveira a historia do naufraxio do “Vapor-correo Santa Isabel”. Un transporte marítimo non que faleceran 221 persoas o 2 de xaneiro de 1921.

Sería cunha serie de artigos publicados en varios xornais galegos nos que aparecerían amais por primeira vez, fotografías de como era o buque. De aí nacería o libro “Sálvora, memoria dun naufraxio. A traxedia do Santa Isabel”, e con recuperaríase o papel dás heroínas de Sálvora, que por certo foran CATRO e non tres como algúns se empeñan en poñer. Unha delas interviría decididamente desde outra dorna. E iso sen esquecer tampouco ós homes que tamén intervirán no salvamento e que recibirían recoñecemento oficial.

Pero hoxe traio a esta páxina a outra heroína de 17 anos tamén de Riveira. Corría o ano 1930 e a Sociedade Española de Salvamento de Naufragos concedía unha medalla e un premio en metálico á moza Dolores Fernández Sarasqueta, quen como recollía a prensa da época era homenaxeada en Vigo a principios de novembro dese mesmo ano. A moza salvou a unha meniña de dez anos de morrer afogada o 3 de setembro.

Hoxe reproduzo parte da páxina da publicación “Mujeres españolas” nas que se recollía o acto da homenaxe feita na cidade olívica a esta riveirense, da que por certo fai pouco se cumpliron 85 anos.

1930 heroismo riveirensew

 

 

1930 aprx. Riveira Fábrica Cardona

Remítennos esta imaxe correspondente a unha placa das que habitualmente facían as conserveiras para promocionalos seus productos. Trátase dunha da emblemática fábrica de Cardona que se incendiou o 9 de decembro de 1967, o solar foi ocupado posteriomente polo Círculo Mercantil e Industrial, a Biblioteca Pública, o Centro cultural Lustres Rivas e a Caixa.

Cardona era unha das conserveiras mais importantes da localidade riveirense. O noso agaredecento o amigo que nos fixo chegar esta imaxe e invitarvos a que sigades colaborando para manter o sitio. Grazas.

1930 Cardona chapa wm

 

 

 

1930-Axeitos. O dolmen

Seguimos percorrido, nesta ocasión trátase dunha simpática postal dos anos 30 do século pasado no que se aprecia a un grupo de sacerdotes visitando o Dolmen De Axeitos. Alguén coñece ós protagonistas?.

1925 Dolmen Axeitos wp

1930 Castiñeiras

A fotografía amosa a actual parroquia de Castiñeiras nos anos 30 do século pasado. Por aquel entón pertencía á Parroquia de Santa Uxía e crearíase como tal en 1967. Castiñeiras é o pobo das dornas, unha embarcación típica da ría que segundo algúns investigadores remóntase ás invasións viquingas sendo unha adaptación en pequeno dos famosos drakkar. Existen varios tipos desta típica embarcación que da nome amais a unha das festas mais singulares a da dorna, creada como unha iniciativa social en 1948. A imaxe é dun álbum de postais de 1930 aproximadamente.

1930 Castiñeiras wm

 ©riveira.eu. Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubide en comentalo ou escribir a “redaccion@riveira.info”. Grazas.

1930 Riveira altar maior

Este ano o 20 de novembro, cumprense 150 anos da consagración do templo parroquial en 1864. Esta postal editada entre 1925 e 1930, pertence á colección da serie que se editaba en albums e no que aparece o altar maior da Igrexa Parroquial de Santa Uxía. A imaxeneria foi feita en 1906 polo prestixioso artista compostelán, Maximino Magariños, quen por certo chegou a afirmar que esta obra era incluso superior á do Altar Maior de Santa María de Pontevedra, que foi tamén realizada por el.

1930 Riveira Altar Maior Santa Uxía©riveira.eu. Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubide en comentalo ou escribir a “redaccion@riveira.info”. Grazas.

 

© 2017: Riveira na memoria | Easy Theme by: D5 Creation | Powered by: WordPress