A historia do noso Concello (redaccion@riveira.eu 609 800 950 )

A historia do noso Concello (redaccion@riveira.eu 609 800 950 )

Vídeo

now browsing by category

 

Santa Isabel, 95 anos. Estrenase na rede o documental “A lenda do Santa Isabel”

 Este 2 de xaneiro cúmprense 95 anos do naufraxio do vapor-correo Santa Isabel, que embarrancou nos baixos de Sálvora en 1921 ocasionando a morte de 213 persoas, delas 64 nenos. O aniversario é aproveitado por un grupo de alumnos da Facultade de Comunicación da Universidade de Santiago para a realización do documental ”A lenda do Santa Isabel”.

O guión da reportaxe mistura tradición e historia e así se une a lenda de Mariña e a historia do naufraxio do buque. O documental recolle a morte de Roldán e como a serea Mariña decide regresar ás profundidades das augas de Sálvora. Antes bota unha maldición: o primoxénito de cada liñaxe dos Mariño debe ser entregado ao mar onde morrerá afogado. Os autores do documental fan a conexión co naufraxio do Santa Isabel onde faleceron boa parte da pasaxe e da tripulación e do que unicamente se salvaron 56 persoas.

O documental recolle a lenda como simbolismo da cantidade de xente que morre no mar e o pesar que causa nunha comunidade que vive del como é a destas costas. De feito, a reportaxe remata coa seguinte pregunta retórica: Cal é a familia desta comarca que non ten mortos no mar?. Na reportaxe interveñen Xosé María Fernández Pazos, historiador, xornalista e mestre, autor do libro “Sálvora, memoria dun naufraxio. A traxedia do Santa Isabel”, texto no que se recuperou hai caseque 20 anos a historia do naufraxio e as lendas da illa ribeirense; Antonio Piñeiro, profesor, escritor e historiador, Pura Fernández Gude, sobriña de María Fernández Oujo, unha das heroínas de Sálvora e Manuel ‘De López’ e Silva, dous mariñeiros xa retirados da comarca. O documental empeza e remata falando sobre o mar e o seu simbolismo. As entrevistas foron feitas no Porto de Aguiño, no Faro de Corrubedo, no Porto de Palmeira en O Castro en Castiñeiras. Tamén foron gravados planos na Illa de Sálvora, na Praia da Catía, en Corrubedo, en Palmeira, en Ribeira, entre outros lugares.

O documental foi gravado e editado por Antonio Mosquera Montoya, Ana Rial Maneiro, Iago Sánchez Caridad, Laura Seijo Vigo, Pablo Montero Castro, Pablo Portela Rodríguez e Sara Pérez Seijo, que traballaron intensamente na guionización, entrevistas e recursos do mesmo durante varios meses. A reportaxe ten una duración de 17 minutos e pode ser visto partir deste 2 de xaneiro 95  aniversario do naufraxio.

 

  Antonio Mosquera Montoya, Ana Rial Maneiro, Iago Sánchez Caridad, Laura Seijo Vigo, Pablo Montero Castro, Pablo Portela Rodríguez e Sara Pérez Seijo.

2015 Entrevista a Cesáreo Canabal sobre o libro da parroquia

O sábado 11 de xullo o programa “A Revista de fin de semana” da TVG emitiu unha reportaxe sobre o libro “Santa Uxía, Ocho siglos de Comunidad” no que se recolle unha entrevista a Cesáreo Canabal Castro, párroco de Santa Uxía. Recuperamos esa peza de pouco mais de tres minutos.

 

 

20141221 Museo Parroquial de Riveira

Reportaxe emitido pola TVG o 21 de decembro sobre o novo museo parroquial de Riveira inaugurado o domingo 23 de novembro co gallo dos 150 anos da consagración do templo parroquial.

Templo Ribeira
Museo Parroquial de Santa Uxía de Riveira

2014 Reportaxe sobre Cáritas Riveira

Peza  sobre Cáritas Riveira e o recoñecemento o seu labor realizada pola TVG para A REVISTA FIN DE SEMANA” emitida o domingo 6 de marzo de 2014.

2014 Programa Ribeiras dedicado a Riveira

Programa da TVG emitido o luns 24 de marzo de 2014, dedicado ás Ribeiras de Galicia. Nesta edición recollese a vida nos portos de Riveira e A Guarda.

2014 Reportaxe sobre a Parroquia de Riveira

Programa emitido pola TVG o domingo 26 de xaneiro de 2014 no programa relixioso “Polo Camiño da Fe”.

Entrevista o párroco Cesáreo Canabal co gallo da celebración do 150 aniversario da consagración do templo parroquial de Santa Uxía. Entrevista o P. franciscano Enrique Roberto Lista.

Programa “Polo camiño da Fe” 20140126 sobre os 150 anos da Igrexa de Riveira

© 2017: Riveira na memoria | Easy Theme by: D5 Creation | Powered by: WordPress