A historia do noso Concello (redaccion@riveira.eu 609 800 950 )

A historia do noso Concello (redaccion@riveira.eu 609 800 950 )

Vida cotiá

now browsing by category

 

1975 Colegio Galaxia Boletín Informativo y Cultural

Engado hoxe o pdf do boletín do Colexio Galaxia editado en marzo de 1975. Espero que para algúns traia lembranzas.

1944 Noruega. Visita de Franco a Riveira

Corte do documental da “NRK TV Filmavisen Spania”, compañía pública de radio e televisión de Noruega, sobre a visita de Franco a Riveira. En 1944 Noruega estaba baixo o control dos nazis de ai que nos documentais da época se incluíra a visita de Franco dentro dos intercambios que facían os NODOS dos dous países.
Pódese ver o video do noticiero español no” NO-DO” no enlace da nosa páxina http://www.riveira.eu/arquivos/455

O corte foi incluido no documental do día 9 de ouctubro de 1944  e que se pode ver íntegro no seguinte enlace. No corte seis aparece a referencia a Riveira:   https://tv.nrk.no/serie/filmavisen/FMAA44004044/09-10-1944 

90 anos do Banco de La Coruña

O emblemático Banco de La Coruña, abría a súas portas hai 90 anos en Riveira, un luns 3 de setembro de 1928. A entidade bancaria, hoxe BBVA, sería o primeiro banco que contaría cunha oficina física en Santa Uxía, sería na rúa Venecia o lado da Farmacia Ferrer.

Posteriormente o 18 de xaneiro de 1950 o banco compraría na Praza de Otero Goyanes, hoxe Porta do Sol,  unha casa de pranta baixa onde levantaría un novo edificio para instalar a súa oficina. Nese mesmo edificio que aínda hoxe acolle o banco, estaría no seu primeiro andar ata 1975, o Círculo Mercantil e Industrial, entidade que este mesmo mes cumpre tamén 90 anos e que foi fundada polo vallisoletano J. Antonio Martínez de la Devesa, con función de Cámara de Comercio.

O Banco de La Coruña foi absorbido a finais de 1970 polo Banco de Bilbao, absorción que iría parella a apertura de novas oficinas ata ser hoxe o BBVA. O Banco de La Coruña, sería a entidade promotora do despegue económico de Riveira na segunda metade do século vinte. O seu apoio débese por exemplo a posta en marcha de FRINSA, a maior das empresas do noso concello dirixida por Ramiro Carregal e que foi creada na década dos sesenta como fábrica de xeo polo Marqués de Revilla, o avogado Iglesias Corral, e a propia entidade herculina amais doutros socios locais e bancarias, pero esa é outra historia.

1970 apr Riveira desfile festas de verán

Subimos hoxe esta fotografia dun desfile de animadores en pleno centro de Santa Uxía. A actual Rúa Galicia era escenario deste desfile que se celebraba casi seguro durante as festas. Tedes datos?. A ver si podemos concretar algo mais da foto. 1970-riveira-desfile-wm

1964 Procesión da Inmaculada (Riveira)

O próximo domingo dia 29 de maio cumprindo unha tradición que se remonta a finais do século XIX sairá en procesión a “Carroza”. O derradeiro domingo deste mes a imaxe da Inmaculada Concepción sairá, polas rúas riveirenses. A imaxe feita por Juan Correa, extremo este do que carecemos datos confirmados, procesionará sobre unha gran concha de vieira na que se irán alternando as nenas vestidas de anxos. Unha tradición que se mantén viva grazas ás integrantes da asociación de “Fillas de María” e que ten profundo raigame na cidade. Antiguamente a concha sobre rodas ía tirada por mariñeiros da armada destinados á axudantía de mariña. Actualmente fanno rapaces vestidos con ese uniforme.

1964 Procesión da Purisima (Riveira)

1920- Castiñeiras (Riveira)

Recentemente aprobouse o acondicionamento dá fábrica do Castro ocupada durante anos por unha conserveira que se construíu enriba do que era o Castro de Castiñeiras. Aínda que desgraciadamente é irrecuperable hoxe traemos esta foto dos anos 20 do século pásado onde as dornas, embarcación típica desta zona e do Grove era o medio de vida dos veciños do lugar que dependian dá parroquia de Santa Uxía ata a sua creación como freguesía propia en 1967.

1920 Castiñeiras (Riveira)

 

© 2018: Riveira na memoria | Easy Theme by: D5 Creation | Powered by: WordPress