Categoría: Prensa

Segue a polémica da B e da V no topónimo de Santa Uxía

O pasado 26 de abril recollíamos un artigo escrito en El Correo Gallego do doutor en filoloxía clásica José Manuel Pérez Fernández, doutor en filoloxía clásica sobre o uso da “B” ou da “V” na parroquia de Santa Uxía de Ribeira. El defendia a V. Hoxe o xornal compostelán publica outro artigo neste caso de Antón Santamarina, coordinador do seminario de onomástica da RAG, neste caso defende a B.

“O vapor Santa Isabel” protagonista do semanario “España Exterior”

O semanal España Exterior publica esta semana un amplo reportaxe sobre o naufraxio do vapo-correo Santa Isabel e o papel das heroínas que interviron no salvamento de naúfragos e o papel do segundo oficial do barco, Luís Cebreiro. Na ampla reportaxe sae tamén unha entrevista coa directora da película “Santa Isabel”, Paula Cons que se estrenará o vindeiro ano.

1944 Noruega. Visita de Franco a Riveira

Corte do documental da “NRK TV Filmavisen Spania”, compañía pública de radio e televisión de Noruega, sobre a visita de Franco a Riveira. En 1944 Noruega estaba baixo o control dos nazis de ai que nos documentais da época se incluíra a visita de Franco dentro dos intercambios que facían os NODOS dos dous países. Pódese ver o video do noticiero español no” NO-DO” no enlace da nosa páxina http://www.riveira.eu/arquivos/455 O corte foi incluido no documental do díaLearn More

80 anos do asasinato de Lustres Rivas

O de 10 de novembro cumpriranse 82 anos do asasinato en 1936 en Redondela do xornalista e escritor José Manuel Antonio Lustres Rivas. La Voz de Galicia edición Barbanza,  publicara hai dous anos un artigo meu non que se recollen, moi resumidos, datos sobre o fillo predilecto de Riveira. Amais podedes ver mais datos noutra entrada dá nosa páxina sobre Lustres. Lustres Rivas o grande esquecido ——– O chegar á universidade na década dos setenta, caeuLearn More

20150822 Reportaxe La Voz de Galicia sobre riveira.eu

La Voz de Galicia dedicounos o sábado unha pequena reportaxe o noso portal www.riveira.eu, como consecuencia tivemos mais de 1.270 visitas nun día o que anima a seguir adiante con este pequeno proxecto. No que vai de verán superamos xa as 17.000 visitas e mais de 600 siareiros no facebook. Grazas a todos polo apoio e seguiremos subnido 2 ou 3 imaxes por semana. Por certo animaros a participar e facer comentarios ou mandar fotos.

Riveira-150 anos da Igrexa Parroquial

O vindeiro 2014 faranse 150 anos da Consagración do templo parroquial de Santa Uxía de Riveira. Co gallo deste aniversario a parroquia vai iniciar diversos actos que empezarán coa recollida de material fotográfico, xornalístico e documental referido á parroquia, o pobo e os seus acontecementos. Trátase de render homenaxe á vila e ás súas xentes e para iso necesitamos a colaboración de todos, e facer deste proxecto unha obra colectiva involucrando a veciños, institucións, organismos,Learn More

© 2024: Riveira na memoria | Easy Theme by: D5 Creation | Powered by: WordPress