A historia do noso Concello (redaccion@riveira.eu 609 800 950 )

A historia do noso Concello (redaccion@riveira.eu 609 800 950 )

Libros

now browsing by category

 

2015 Entrevista a Cesáreo Canabal sobre o libro da parroquia

O sábado 11 de xullo o programa “A Revista de fin de semana” da TVG emitiu unha reportaxe sobre o libro “Santa Uxía, Ocho siglos de Comunidad” no que se recolle unha entrevista a Cesáreo Canabal Castro, párroco de Santa Uxía. Recuperamos esa peza de pouco mais de tres minutos.

 

 

2011- Inminente publicación do libro sobre Santa ISabel

En 1998 o autor publicou na prensa unha serie de reportaxes sobre a historia do naufraxio do vapor-correo Santa Isabel, artigos que serían o xermolo do libro do que hoxe se fai unha segunda edición corrixida. Era a primeira vez que se daban a coñecer imaxes sobre a construción, o interior do buque e o naufraxio.
As lendas e historias dos raqueiros, tan habituais nas costas galegas, volveron a aflorar tralo naufraxio do buque, se ben neste caso sen fundamento, como o amosaron os informes oficiais, os escritos do capitán e do segundo oficial do vapor, Luís Cebreiro, heroe este xunto coas mulleres da illa, de salvar a medio cento de persoas.
A historia daquel tráxico suceso permanecera ata esa data no anonimato oficial durante setenta e sete anos, se ben as vilas de Arousa gardaron na memoria colectiva a traxedia e o comportamento dos habitantes da illa de Sálvora e da cidade de Riveira.
O autor, Xosé María Fernández Pazos, mestre, historiador e xornalista, traballou durante anos na recompilación de datos sobre o afundimento e o porqué do silencio da traxedia.
Aquela edición de autor esgotouse en apenas dous anos, e o traballo publicado contou con numerosas loas tanto polo escrito como pola edición, que hoxe, debido ás súas características, sería difícil de repetir.
Ó se cumpriren os noventa anos do naufraxio, sae novamente nunha edición en rústica e corrixida.
O libro estará en 15 días en librerias e pódese conseguir a través do enderezo electrónico salvora@riveira.eu
 

1965 Libros de Riveira: "Hombres y dornas"

En 1965 do prelo do Faro de Vigo saia a obra “Hombres y dornas” . Estamos ante unha narración novelada escrita en 1950 por Ricardo Mora, e o seu contido, segundo se indica no libro, é rigorosamente real. Estamos ante unha pequena escrita inicialmente en galego e traducida posteriormente o castelán na que se narran as vivencias dunha familia de mariñeiros que viven do traballo da súa dorna. A acción da familia descorre nas augas de Riveira e de Castiñeiras.
O libro pódese considerar o primeiro que ten a Riveira como protagonista  esta impreso en branco e negro con multitude de fotografías que hoxe podemos considerar  un fiel reflexo da vida da nosa terra nos anos 50. As fotografías foron premiadas en numerosos certames nacionais e internacionais.  Ricardo Mora , avogado, reside desde hai décadas na cidade da Coruña.
Deste libro extraéronse os debuxos que habitualmente se publican coa descrición da dorna e que se usa en folletos, libretos e obras, habitualmente sen citar o autor.

Deste libro extraéronse os debuxos que habitualmente se publican coa descrición da dorna e que se usa en folletos, libretos e obras, habitualmente sen citar o autor.
© riveira.info
Si coñeces algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.info  
© 2017: Riveira na memoria | Easy Theme by: D5 Creation | Powered by: WordPress