Categoría: Fotografías

1925- Castiñeiras (Riveira)

Castiñeiras xunto a Aguiño  a terra das dornas, é a protagonista da nosa imaxe de hoxe. A fotografía amosa a primixenia vella fábrica situada o lado do castro que sería esnaquizada  na década dos 70 para facer a conserveira, hoxe recuperado en espazo de servizo público. A postal corresponde a un album de fotos editado polo “Barato de Ribeira” na década dos anos vinte do século pasado.  

2016 Aniversario Santa Isabel

Hai uns dias publicabamos o video da reportaxe que sobre os 96 anos do vapor- correo Santa Isabel  facian uns alumnos de xornalismo, reportaxe que podedes ver nesta mesma páxina web no enlace: Santa Isabel, 95 anos. Estrenase na rede o documental “A lenda do Santa Isabel” a prensa local recolleu a nova e publicamos as páxinas de La Voz de Galicia e El Correo Gallego do día 2 e 3 de xaneiro.

Santa Isabel, 95 anos. Estrenase na rede o documental “A lenda do Santa Isabel”

 Este 2 de xaneiro cúmprense 95 anos do naufraxio do vapor-correo Santa Isabel, que embarrancou nos baixos de Sálvora en 1921 ocasionando a morte de 213 persoas, delas 64 nenos. O aniversario é aproveitado por un grupo de alumnos da Facultade de Comunicación da Universidade de Santiago para a realización do documental ”A lenda do Santa Isabel”. O guión da reportaxe mistura tradición e historia e así se une a lenda de Mariña e aLearn More

Feliz 2016

Co desexo dun feliz 2016 recuperamos do noso arquivo a imaxe mais antigua que se coñece de Riveira. Trátase dunha pequena fotografía de apenas 13 centímetros do ano 1890-95.  O aninovo traeremos mais imaxes, e atención o sábado día 2  de xaneiro aniversario do afundimento do Santa Isabel, estrenaremos un documental sobre o naufraxio do vapor-correo e as leendas de Sálvora feito por alumnos de xornalismo. FELIZ ANINOVO  

1914 Santa Uxía de Riveira Dique

Tres son os puntos de referencia habitual das fotografías e postais da primeira metade do século XX sobre Santa Uxía. O concello, a igrexa e o dique. Esta espectacular fotografía ofrece unha imaxe de toda a fachada do dique ou malecón do porto de Santa Uxía. Publicada nun álbum de 1914 dos que facia “O barato de Ribeira” (actualmente a Joyeria Montero) permítenos apreciar como era a recen nomeada cidade, destacando as salgadeiras e conserveiras.

1970 Riveira Praza da Igrexa

Estamos ante unha postal de finais dos 60 xa preto dos 70. A foto amosa a Praza de Otero Goyanes. Na imaxe pódese ver a sede daquela do “Banco de La Coruña”, e enriba do cal estaba a sede do Círculo Mercantil e Industrial e tamén coma non as rúas Ramón y Cajal, coa “Panadería de Sinda”, casa por certo construída o mesmo ano que a Igrexa Parroquial en1864. Xa á dereita do banco naLearn More

© 2024: Riveira na memoria | Easy Theme by: D5 Creation | Powered by: WordPress