A historia do noso Concello (redaccion@riveira.eu 609 800 950 )

A historia do noso Concello (redaccion@riveira.eu 609 800 950 )

Fotografías

now browsing by category

 

90 anos do Banco de La Coruña

O emblemático Banco de La Coruña, abría a súas portas hai 90 anos en Riveira, un luns 3 de setembro de 1928. A entidade bancaria, hoxe BBVA, sería o primeiro banco que contaría cunha oficina física en Santa Uxía, sería na rúa Venecia o lado da Farmacia Ferrer.

Posteriormente o 18 de xaneiro de 1950 o banco compraría na Praza de Otero Goyanes, hoxe Porta do Sol,  unha casa de pranta baixa onde levantaría un novo edificio para instalar a súa oficina. Nese mesmo edificio que aínda hoxe acolle o banco, estaría no seu primeiro andar ata 1975, o Círculo Mercantil e Industrial, entidade que este mesmo mes cumpre tamén 90 anos e que foi fundada polo vallisoletano J. Antonio Martínez de la Devesa, con función de Cámara de Comercio.

O Banco de La Coruña foi absorbido a finais de 1970 polo Banco de Bilbao, absorción que iría parella a apertura de novas oficinas ata ser hoxe o BBVA. O Banco de La Coruña, sería a entidade promotora do despegue económico de Riveira na segunda metade do século vinte. O seu apoio débese por exemplo a posta en marcha de FRINSA, a maior das empresas do noso concello dirixida por Ramiro Carregal e que foi creada na década dos sesenta como fábrica de xeo polo Marqués de Revilla, o avogado Iglesias Corral, e a propia entidade herculina amais doutros socios locais e bancarias, pero esa é outra historia.

1960 Riveira dique

A postal amosa a zona do dique nos anos cincuenta. Por aquel entón denominada Avenida de José Antonio nome imposto tralo levantamento militar do 36.

O fondo aprecianse os secadeiros de Colomer e a cheminea de Cerqueiras

1960 Riveira malecón

 

 

1955 Festas de verán

Empezan as festas de verán e non me resisto a  recuperar esta fotografía publicada na edición de El Correo Gallego na sección “Hai 25 anos”. Trátase dunha foto do malecón do ano 1991. As instalacións da recén estreada lonxa acollian os actos en honra da Virxe do Carmen.

1991 Riveira festas de verán

E coma non o programa de festas de 1955, completo para que podades disfrutar de como se vivian naqueles anos as chamadas “Festas tradicionais”

programa 1955 portada

 

(Riveira) Colexio anos 40 ou 50

Pois traemos hoxe esta fotografía  dos anos 40 ou 50. Si coñecedes ós que nela aparecen  esperamos os vosos comentarios para recupera-lós seus protagonistas. Colexio el Pilar?. Por favor escribídenos a” redaccion@riveira.eu” e iremos engadindo os nomes.

 

foto vella colexio Riveira

1920- Castiñeiras (Riveira)

Recentemente aprobouse o acondicionamento dá fábrica do Castro ocupada durante anos por unha conserveira que se construíu enriba do que era o Castro de Castiñeiras. Aínda que desgraciadamente é irrecuperable hoxe traemos esta foto dos anos 20 do século pásado onde as dornas, embarcación típica desta zona e do Grove era o medio de vida dos veciños do lugar que dependian dá parroquia de Santa Uxía ata a sua creación como freguesía propia en 1967.

1920 Castiñeiras (Riveira)

 

1925- Castiñeiras (Riveira)

Castiñeiras xunto a Aguiño  a terra das dornas, é a protagonista da nosa imaxe de hoxe. A fotografía amosa a primixenia vella fábrica situada o lado do castro que sería esnaquizada  na década dos 70 para facer a conserveira, hoxe recuperado en espazo de servizo público. A postal corresponde a un album de fotos editado polo “Barato de Ribeira” na década dos anos vinte do século pasado.

1925 Castiñeiras wm

 

© 2018: Riveira na memoria | Easy Theme by: D5 Creation | Powered by: WordPress