Categoría: Arquivos

“Herrera en COPE” trata este luns 30 de setembro o debate da B e da V de Santa Uxía

20190930.- O programa da cadena COPE tratará esta maña a partir das 12 do mediodía a polémica do uso da “b” ou da” v” no topónimo da capital barbanzán. O programa presentado por Jon Uriarte dentro de “Herrera en Cope” será en emisión nacional. O tema volta a actualidade a raíz dunha proposición no pleno municipal de setembro que esta tarde debatirá o cambio do haxiotopónimo. A proposición faina o PsdeG- Psoe e con casequeLearn More

1960 Vista de Santa Uxía

Espectacular vista de Santa Uxía desde a Rúa Cristobal Colon. Apreciase en primeiro termo a Sala de Festas Cambeiro, á esquerda o tellado do Consistorio e á dereita as casas de protección oficial recén construidas da rúa Rosalía de Castro. 

1945 Igrexa parroquial

Postal editada en 1945 na que se pode ver o templo parroquial. A presenza de fieis na entrada amosa que se estaba a celebrar un acto relixioso. 

1944 Noruega. Visita de Franco a Riveira

Corte do documental da “NRK TV Filmavisen Spania”, compañía pública de radio e televisión de Noruega, sobre a visita de Franco a Riveira. En 1944 Noruega estaba baixo o control dos nazis de ai que nos documentais da época se incluíra a visita de Franco dentro dos intercambios que facían os NODOS dos dous países. Pódese ver o video do noticiero español no” NO-DO” no enlace da nosa páxina http://www.riveira.eu/arquivos/455 O corte foi incluido no documental do díaLearn More

90 anos do Banco de La Coruña

O emblemático Banco de La Coruña, abría a súas portas hai 90 anos en Riveira, un luns 3 de setembro de 1928. A entidade bancaria, hoxe BBVA, sería o primeiro banco que contaría cunha oficina física en Santa Uxía, sería na rúa Venecia o lado da Farmacia Ferrer. Posteriormente o 18 de xaneiro de 1950 o banco compraría na Praza de Otero Goyanes, hoxe Porta do Sol,  unha casa de pranta baixa onde levantaría unLearn More

80 anos do asasinato de Lustres Rivas

O de 10 de novembro cumpriranse 82 anos do asasinato en 1936 en Redondela do xornalista e escritor José Manuel Antonio Lustres Rivas. La Voz de Galicia edición Barbanza,  publicara hai dous anos un artigo meu non que se recollen, moi resumidos, datos sobre o fillo predilecto de Riveira. Amais podedes ver mais datos noutra entrada dá nosa páxina sobre Lustres. Lustres Rivas o grande esquecido ——– O chegar á universidade na década dos setenta, caeuLearn More

© 2024: Riveira na memoria | Easy Theme by: D5 Creation | Powered by: WordPress