Categoría: Aguiño

Arrancan os actos do centenario do Santa Isabel o “Titanic galego”

Este sábado día 2 de xaneiro cúmprense os 100 anos do afundimento do vapor-correo Santa Isabel nos baixos da Illa de Sálvora. No naufraxio acontecido á 1.50 da madrugada, morreron 213 persoas e salvaronse 53. É o naufraxio mais importante en número de vítimas civis do século XX e a prensa da época chamouno “O titanic galego”. “O Barbanza” a nosa publicación mensual publicou no seu último número de decembro un amplo reportaxe gráfico eLearn More

“O vapor Santa Isabel” protagonista do semanario “España Exterior”

O semanal España Exterior publica esta semana un amplo reportaxe sobre o naufraxio do vapo-correo Santa Isabel e o papel das heroínas que interviron no salvamento de naúfragos e o papel do segundo oficial do barco, Luís Cebreiro. Na ampla reportaxe sae tamén unha entrevista coa directora da película “Santa Isabel”, Paula Cons que se estrenará o vindeiro ano.

2016 Aniversario Santa Isabel

Hai uns dias publicabamos o video da reportaxe que sobre os 96 anos do vapor- correo Santa Isabel  facian uns alumnos de xornalismo, reportaxe que podedes ver nesta mesma páxina web no enlace: Santa Isabel, 95 anos. Estrenase na rede o documental “A lenda do Santa Isabel” a prensa local recolleu a nova e publicamos as páxinas de La Voz de Galicia e El Correo Gallego do día 2 e 3 de xaneiro.

Santa Isabel, 95 anos. Estrenase na rede o documental “A lenda do Santa Isabel”

 Este 2 de xaneiro cúmprense 95 anos do naufraxio do vapor-correo Santa Isabel, que embarrancou nos baixos de Sálvora en 1921 ocasionando a morte de 213 persoas, delas 64 nenos. O aniversario é aproveitado por un grupo de alumnos da Facultade de Comunicación da Universidade de Santiago para a realización do documental ”A lenda do Santa Isabel”. O guión da reportaxe mistura tradición e historia e así se une a lenda de Mariña e aLearn More

1940 (Aprx )Aguiño varadoiro de dornas

Esta imaxe remitida por Sito “O Chopo” corresponde a unha vista da  parroquia de Aguiño na década dos anos 40 do século pasado.  Creada como parroquia en 1959, Aguiño é unha dás zonas do concello menos coñecida e cun pasado vinculado o mar e cheo de lendas. En 1897 no censo municipal este lugar pertencia a Carreira, a máis importante do municipio na idade media, e apenas contaba con 17 censados, o que pode darLearn More

1940 apx. Aguiño

Aguiño é despois de Castiñeiras, a parroquia máis moza do Concello de Riveira. De poboamento xoven pertenceu ata a súa creación á Parroquia de San Paio de Carreira, a maís antiga das ferigresias do hoxe Concello de Riveira. Baixo a advocación da Nosa Señora do Carme, creouse como parroquia o 9 de maio de 1959 sendo cardeal- arcebispo da diocesis, Fernando Quiroga Palacios, e o seu primeiro sacerdote, Francisco Lorenzo Mariño.  Aguiño contaba no censoLearn More

© 2024: Riveira na memoria | Easy Theme by: D5 Creation | Powered by: WordPress