Autor: joferpa

O Museo Naval de Ferrol xa exhibe a exposición de Ribeira sobre o naufraxio do Santa Isabel

“Bravura”, a exposición sobre o afundimento do vapor Santa Isabel que o Concello de Ribeiraorganizou na nosa Sala Museo Municipal para celebrar o seu centenario, foi inaugurada este mediodía no Museo Naval de Ferrol nun acto que contou entre outros coa participación do alcalde ManuelRuiz.“Bravura” relata o suceso desde a saída do vapor do País Vasco ata o seu accidente nos baixos da Pegar na Illa de Sálvora, ademais do seu contexto cun capítulo especialLearn More

“A radio e o seu día. As orixes de Radio Riveira”. Antón Luaces

​ Foi polos finais dos anos 50 do século pasado. Nun edificio propiedade da parroquia de Riveira nacía Radio Riveira, emisora parroquial, a única destas características na ampla comarca do Barbanza e a segunda -a primeira foi a de Vilanova de Arousa- na ría de Arousa.  O xuiz en exercicio daquela, Francisco Capón Rey; o profesor, tamén exercente, Bernardo González Mariño; Arturo Valeiras e outras persoas da vida local riveirense, deron vida a un proxecto deLearn More

5 de decembro: 100 anos da posta en marcha do Faro de Sálvora

“Cen anos do faro de Sálvora”. Por Xosé María Fernández Pazos Este 5 de decembro cómprense 100 anos da posta en marcha do Faro de Sálvora. Construído nos anos anteriores o naufraxio do vapor-correo do Santa Isabel, o faro non chegaría a tempo para evitala traxedia do terceiro suceso en número de vítimas das costas galegas, 213, e do que este ano que remata lembramos os cen do seu afundimento nos baixos da Pegar, xusto baixoLearn More

Memoria das Heroínas de Sálvora. No 30 aniversario do pasamento de María de Sálvora

Memoria das Heroínas de Sálvora . Xosé María Fernández Pazos Enfilamos o derradeiro trimestre deste ano no que lembramos os cen do naufraxio  do vapor-correo Santa Isabel nos baixos da Illa de Sálvora. Desgraciadamente a situación sanitaria dos últimos dous anos non axudou a lembrar como se merecía esta traxedia que deixou tan fonda lembranza na nosa comarca, ata o punto de que naqueles anos vinte foi coñecido como o “Titanic Galego” polos medios deLearn More

Hai 60 anos,15 de agosto de 1961, Riveira e A Pobra, opoñianse á construción dunha refinería que foi para A Coruña

A prensa da época recollía o 15 de agosto de 1961 a oposición dos pobos da ría da instalación dunha refinería na ría de Arousa. Entre os que se opoñían estaban incluso os alcaldes entre eles o de Riveira que declaraba que: ” a refinería dañaría a ría e no nos proporcionaría ningún beneficio”. En A Pobra e Riveira creen que a refinería na Ría de Arousa significaría un gravísimo prexuizo. Titulaba a prensa: “SoLearn More

Hai 60 anos, un 13 de agosto, Riveira recibía mención extraordinaria pola conservación do pobo. Tres anos antes recibira o “Premio Nacional de Embellecemento de pobos”

Nos anos sesenta cando Riveira era coñecida como a “Cidade branca da Ría de Arousa”, as festas de verán tiñan entre os seus actos mais soados a tradicional procesión do Carme, o combate naval que se desenvolvía no porto, e o globo de papel, que a semellanza do de Betanzos soltábase na praza da Igrexa contendo comentarios e críticas da vida municipal e local. Aquel globo realizábao a familia Pita que o sigue facendo naLearn More

© 2024: Riveira na memoria | Easy Theme by: D5 Creation | Powered by: WordPress