1920 Patrona Santa Uxía

Hoxe día da patrona Santa Uxía, baixo o patronazgo da cal está Riveira desde a creación parroquial no século XII, traemos a imaxe dunha postal de principios dos anos 20 do século pasado, editada polo establecemento “El que mas barato vende:EL BARATO DE RIBEIRA” establecementos Baltar, que ocupaba o que hoxe é a sede do BBVA na Praza da Igrexa.
A imaxe foi realizada polo prestixioso escultor compostelán Maximino Magariños Rodriguez de Bendañ, a quen se lle encargou tamén a realización do altar maior da igrexa parroquial presidida pola imaxe de Santa Uxía, martir do século V.
Dada a celebración que estamos a vivir publicamos unha breve cronoloxía histórica da parroquia desde que aparece citada por primeira vez nos documentos históricos e que esperamos sirva para coñecer un pouco mais a nosa historia. Feliz día de Santa Uxía…..

1920 Patrona Santa Uxía (Riveira). Arquivo Joferpa

1920 Patrona Santa Uxía (Riveira). Arquivo Joferpa

BREVE CRONOLOXIA HISTORICA DA PARROQUIA DE SANTA UXIA DE RIVEIRA

– Séc XII. Creanse as parroquias dentro do arciprestado de Postamáricos, Riveira queda baixo a advocación de Santa Uxía.
– 1159. Aparece por primeira vez nun documento o nome de “Santa Eugenia de Ripe Maris”.
– 1182. Referencia documental a Deán Menor nun testamento de doazón de propiedades a Toxosoutos.
– Séc XII.Referencia documental á capela de Santo Alberte.
– 1438. Referencia a “Sta. Ougea de Rribeyra” no ‘Liber Tenencie de Hórreo o memorial de la hacienda, rentas, pensiones da antigua Tenencia ”, escrito polo coéngo, Gonzalo Vázquez de Mandayo
– Séc. XVI. Referencia á existencia dunha igrexa na actual praza de Compostela.Primeiros libros de fábrica e bautizados
– 1864. Consagración da actual Igrexa Parroquial de Santa Uxía polo párroco Domingo Antonio do Pazo
– Séc XIX. Traslado do camposanto católico desde a praza de Compostela a Cristobal Colón
– Séc. XX. Traslado do camposanto ó actual en Fafián.
– 1921. Abrese o vello camposanto para acoller as víctimas do “vapor-correo Santa Isabel”.
– 1899. Construción da actual reitoral en substitución da vella situada no lugar de Queiximonde-Martín. Párroco Manuel Molinos Molinos
– 1904. Iníciase a construción do altar maior da Igrexa parroquial.
– 1960. Nace Radio Riveira, emisora parroquial, que emite na onda media desde a rúa Cristobal Colón.
– 1964. Inauguración do “Monumento ó Sagrado Corazón de Xesús” en tempos do párroco, Juan Bautista Boo Romero e por iniciativa de Josefa Santos.
– 1993. Consagración da Igrexa de Santa Clara, sendo párroco Cesáreo Canabal

©riveira.eu. Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubide en comentalo ou escribir a “redaccion@riveira.info”. Grazas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

© 2024: Riveira na memoria | Easy Theme by: D5 Creation | Powered by: WordPress