A historia do noso Concello (redaccion@riveira.eu 609 800 950 )

A historia do noso Concello (redaccion@riveira.eu 609 800 950 )

1974 Casa Consistorial derrube

A vella Casa Consistorial seria derrubada no primeiro trimeste do ano 1974. O edificio foi construído en dúas fases, a primeira delas en 1904 cando o Alcalde, José Martínez Fernández, de quen xa falamos nesta mesma web (ver alcaldes) retoma o proxecto de construcción dun edificio municipal tras arder o anterior en 1862 e estar de aluguer durante mais de 40 anos. Este rexidor  retoma un proxecto anterior doutro alcalde,  Manuel Fernández González, que en 1878 quixo facer o Consistorio. Tratábase de sustituir o vello edificio  e encargou o  proxecto o arquitecto, Juan Ramón Correa Mariño, se ben non se levou a cabo.

Habería que esperar a  principios do século  XX cando o alcalde Martínez Fernández, decide inicialas obras  que se realizaran no chamado Campo do Fraile, unha zona acondicionada en 1886 polo entón alcalde Domingo Vilas Sampedro……
1974. Derrube da Casa Consistorial Foto González

1974. Derrube da Casa Consistorial Foto González

©riveira.eu. Si coñece algún outro dato sobre esta foto ou sobre o que se ve nela non dubide en comentalo ou escribir a “redaccion@riveira.info”.Grazas

A chegada dunha subvención da Deputación coruñesa de 5.000 pesetas da época, permite a posta en marcha do proxecto encargando o mesmo o arquitecto asturiano Julio Galán y González Carballa,l de recoñecido prestixio. O total da construcción sairiría a concurso en 45.847  pesetas e seria adxudicado  por dúas pesetas menos e 12 céntimos á empresa do Noiés, José Vidal Martínez.

Rematada en 1908, estaría composto por un edificio con campanario  para torre do  reloxio.

En 1935, o alcalde, Miguel Rodriguez Bautista decide amplialo edificio con outra torre, obras que rematarian en 1943 e que permitirian no baixo ubicar unha escola pública con entrada independente.

Curiosamente en 1974 coa chegada doutra subvención por parte da Deputación coruñesa, e ante o crecemento da localidade, a corporación presidida por Felix García Arriaga, decide facer un novo edificio asistindo o pobo estupefacto o derrube daquel emblemático edificio. O novo Consistorio sería coñecido moitos anos como o “pavillón” o lembrar máis a unha estructura deportiva. Co tempo o Alcalde José Luis Torres Colomer” modificou o seu aspecto exterior o que lle fixo gañar “algo” de imaxe.

© 2019: Riveira na memoria | Easy Theme by: D5 Creation | Powered by: WordPress