Alcaldes: José Martínez Fernández

Nos últimos meses e diria que anos, regresa a Riveira a polemica sobre os nomes da rúas da vila vinculadas á dictadura, e de persoeiros  que en moitos casos nada fixeron polo pobo.

Nesta páxina dedicada á nosa historia traemos hoxe a figura dun dos fillos predilectos da vila a  quen ni siquera se lle dedicou unha rúa, e iso que é sin dúbida o Alcalde que mais fixo pola vila. Trátase do industrial e comerciante, José Martínez Fernández, alcalde de Riveira nos primeiros anos do século XX.

Fillo Predilecto de Riveira outorgouselle o titulo o 13 de xullo de 1919, sendo o primeiro a quen se lle daba tal distinción.

Representante en Ribeira do sector máis progresista do vello Partido Liberal de Práxedes Mateo Sagasta, Pepe Martínez foi elixido alcalde riveirense en “nove” ocasiones e, ao longo dos seus moitos anos como rexidor, destacou nos seus dotes de xestión . Promoveu a construción da vella casa consistorial, a fonte de Padín, os cemiterios municipais de Riveira e Palmeira, e un longo etcétera entre os que está o de lograr para Riveira o título de cidade en marzo de 1906 e o de porto de segundo clase o mesmo ano.

Tamén sobresaíu polo seu espírito altruísta e benefactor, como sucedeu por exemplo con ocasión da terrible gripe de 1918, cando puxo a disposición dos  menesterosos as súas propias colleitas de cereal e o seu patrimonio, co fin de contratar médicos e persoal sanitario en toda Galicia que atendesen á poboación de Ribeira. Todo iso valeulle a estima do pobo polo que o seu labor foi recoñecido en vida polos seus veciños coa distinción de Fillo Predilecto.

Sería na sesión de 13 de xullo de 1919, na que o ilustre personaxe presentaba a súa renuncia ao cargo de alcalde por motivos de saúde.

Alcalde José Martínez Fernández

©riveira.eu . Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.eu. Grazas

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

© 2024: Riveira na memoria | Easy Theme by: D5 Creation | Powered by: WordPress