A historia do noso Concello (redaccion@riveira.eu 609 800 950 )

A historia do noso Concello (redaccion@riveira.eu 609 800 950 )

Xa á venda o libro "Sálvora, memoria dun naufraxio"

Despois de varias semanas de retraso debido a problemas técnicos de impresión por fin sae “Sálvora Memoria dun naufraxio. A traxedia do Santa Isabel”.
A obra de 212 páxinas, está editada a todo coor con máis de 300 imaxes e con papel de gramase de 150 gramos e unha grande calidade.O libro incorpora ademais algunhas modificacións e correccións da edición anterior de 1998,  esgotada en apenas dous anos, e inclúe os despregables coas cubertas e o corte do vapor-correo.
Como no caso anterior o tratarse dunha obra de autor, a súa distribución é limitada polo que amais dos lugares onde adquirila que se irán incorporando nesta páxina pode conseguirse mediante o correo “salvora@riveira.eu” ou ben chamando o 630 56 01 65 en horarios de 11 a 14 horas.
Como é lóxico as primeiras librarías que dispoñen de exemplares son en Riveira: Libraría Master en Rúa Galicia, 20 e Libraría Sanyg na Praza do Concello.
En Pobra: libraría Ler na Rúa Paz, 33. En próximos días incorporarnase librarias de Santiago, Noia, Vilagarcía, Cambados, O Grove, A Coruña e Vigo dos que facilitaremos os nomes nesta páxina.

© 2017: Riveira na memoria | Easy Theme by: D5 Creation | Powered by: WordPress