1979 aprx. Praza de Otero Goyanes

A imaxe amosa a praza da igrexa parroquial a principios dos setenta. O empedrado da praza tan típico e que servia de aparcadoiro ós poucos coches que circulaban na cidade. A fotografia foi tomada probablemente en primavera ou verán xa que a sinal de prohibido aparcar colocabase cando se celebraban actos como as procesións. Dado que non habia alumeado é de supoñer q debia ser a primavera.
A imaxe amosa o Banco de Bilbao que absorbera o Banco da Coruña en 1970,primeira entidade bancaria de Riveira desde 1927. Tamén se ve parte do edificio de Acción Católica.

1970 aprx. Praza de Otero Goyanes. Arquivo Joferpa

1979 aprx. Praza de Otero Goyanes. Arquivo Joferpa

2 Comments to 1979 aprx. Praza de Otero Goyanes

  1. Frank di:

    Ola.
    Esta imaxe é do ano 1978 minimo, anterior non, xa que aparece un Talbot Horizon (Ex- Chrysler) na mesma, o cal non o había no ano 1970. A de Albino Valeiras, repicouse a pedra no ano 1982. O empedrado ese foi tapado estando Ventoso de Alcalde no ano 1984 aprox. Saúdos.

    • joferpa di:

      Agradezo o comentario e realizo a corrección. Por iso puxen 1970 aprox. Xa sabe que si quer facer algunha aportación ou foto non dubide en facelo espero que cada dia podamos completar o noso pasado. Eu irei subindo algunhas das caseque 400 fotos que poseo da Riveira antigua.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

© 2024: Riveira na memoria | Easy Theme by: D5 Creation | Powered by: WordPress