A historia do noso Concello (redaccion@riveira.eu 609 800 950 )

A historia do noso Concello (redaccion@riveira.eu 609 800 950 )

“Herrera en COPE” trata este luns 30 de setembro o debate da B e da V de Santa Uxía

20190930.- O programa da cadena COPE tratará esta maña a partir das 12 do mediodía a polémica do uso da “b” ou da” v” no topónimo da capital barbanzán. O programa presentado por Jon Uriarte dentro de “Herrera en Cope” será en emisión nacional.

O tema volta a actualidade a raíz dunha proposición no pleno municipal de setembro que esta tarde debatirá o cambio do haxiotopónimo. A proposición faina o PsdeG- Psoe e con caseque total seguridade sairá a B polo que se modificaría o nome de Santa Uxía de Riveira aprobado polo pleno o 11 de novembro de 1984, sendo alcalde o socialista Ventoso Mariño.

Artigo sobre a historia.- Desde 1600 aproximadamente Santa Uxia escribeuse con V. Sería Jerónimo del Hoyo cando era coéngo cardeal da igrexia de Santiago e como visitador da diócese encargado de percorrer os lugares que eran propiedade do arcebispado e rexistrar os seus bens que se extendería a V. Como resultado desas visitas realizadas en 1606 escribiría as “Memorias do Arcebispado de Santiago” editadas 1607 e que se encontran no arquivo da SAMI Catedral de Santiago. A obra sería publicada por edicións Porto a mediados do século pasado en Santiago.

Con anterioridade Santa Uxía aparece por primeira vez citada nun documento de 1387 cando o coéngo cardeal don Bernardo Domínguez deixa unha cantidade de cartos para que se celebren misas pola sua alma a varias parroquias entre elas a de Santa Ougea de Ribeira. En 1432 os diezmos eclesiásticos do “ Liber Tenencia del Horreo o memorial de la hacienda, rentas y pensiones” recolle a existencia de catro parroquias Palmeira, Oleiros, Carreira e Ribeira.

Os documentos posteriores siguen aparecendo co fonema b ata 1607 en que empeza a v. Seria nesta época cando amais o libro mais antiguo que se conserva da parroquia datado en 1633 e que aínda se conserva no arquivo diocesano, usa o fonema V.

A aprobación do uso deste fonema sería decidido no pleno a raíz do informe presentado polo cronista oficial de Ribeira, Carlos Garcia Bayón, quen basea o uso da v na existencia do apelido Mariño de Rivera, á sazón os señores da zona.

O uso da B voltaría a actualidade cando no ano 1969-70 o corresponsal de “El Correo Gallego”, único xornal que daquela publicaba novas diarias da cidade, troca o uso da v pola b. O único argumento utilizado para ese cambio era a tese de que a v fora imposta polos industriais cataláns que desembarcarían na comarca a mediados do século XVIII, é dicir uns 150 anos despois de empezar a usala v. O feito de selo único medio que tiña continuidade na información impulsou o uso da B, dándose a dicotomía de que os nativos da cidade escriben con V e os de fora con B.

Pouco a pouco nas novas xeracións imponse o uso da B, e a iso axuda o feito de que a “Toponimia de Galicia” establece que o nome se escribe con esa grafía o proceder a orixe da denominación da beiramar do nominativo latino da primeira declinacion “ripa”.

E asi hoxe seguimos a liortas co nome, os carteis da administración autonómica e os seus organismos con B e os locais con V. Mal que nos pese ós uvistas nesta discusión, e facendo caso da evolución latina e da historia, a razón e dos da B e a solución definitiva sera como a de Puebla e decir Pobra, Riveira será Ribeira.

Recoñecerán sen embargo que o de “Riveira” dáballe unha idiosincrasia que distinguía o pobo das mais de 500 “Ribeiras” que existen en Galicia. E xa postos hai que cambialo de Avenida do Malecón, palabra que non existe en Galego e que tería que ser Avenida do Dique, entre outras que en todo hai excepcións cando convén. Xosé M. Fernández Pazos


Documento más antiguo con referencia a Ribeira con B de 1387

Memorias do Cardeal Jerónimo del Hoyo 1607 en que se empeza a usala V
© 2019: Riveira na memoria | Easy Theme by: D5 Creation | Powered by: WordPress