A historia do noso Concello (redaccion@riveira.eu 609 800 950 )

A historia do noso Concello (redaccion@riveira.eu 609 800 950 )

Riveira-150 anos da Igrexa Parroquial

folletoparroquial-page-001

O vindeiro 2014 faranse 150 anos da Consagración do
templo parroquial de Santa Uxía de Riveira. Co gallo
deste aniversario a parroquia vai iniciar diversos actos
que empezarán coa recollida de material fotográfico,
xornalístico e documental referido á parroquia, o pobo e os seus
acontecementos.
Trátase de render homenaxe á vila e ás súas xentes e para iso
necesitamos a colaboración de todos, e facer deste proxecto
unha obra colectiva involucrando a veciños, institucións, organismos,
asociacións e empresas.
A Parroquia fai un chamamento a todos aqueles que posúan
fotos, recortes de prensa, e documentos anteriores a 1990 que
consideren de interese xeral, para que as cedan con este fin, coa
garantía de devolución, o que se fará do seguinte xeito:
1. A recollida de material farase no despacho parroquial de
luns a venres de 12 a 14 horas, entregándose un recibo-xustificante
da súa recepción. Aquelas persoas que non poidan
entregalo poden tamén avisar ben por correo electrónico a
“parroquiasantauxía@riveira.info” ben no número 609 800
950 e pasarase a recoller o material.
2. Posteriormente farase un escaneado das imaxes e documentos,
onde se fará constar o autor, lugar e data de realización e
no seu defecto a persoa que o cede. Deseguido devolverase o
orixinal ó seu propietario.
3. A Parroquia procederá a escoller as mellores fotografías e
documentos, que serán utilizados na exposición que se abrirá
a mediados do ano vindeiro nos salóns parroquais.
4. A Parroquia, en colaboración con entidades que patrocinarán
o proxecto, vai editar un libro-catálogo que recolla as imaxes,
o que permitirá perpetuar a vella Riveira, as súas xentes,
edificios, rúas…etc.
5. Os beneficios da venda do libro catálogo, serán destinados
integramente a fins sociais da parroquia.
 Para máis información:
609 800 950
parroquiasantauxia@riveira.eu
http://www.riveira.eu

 

© 2017: Riveira na memoria | Easy Theme by: D5 Creation | Powered by: WordPress