90 anos do Banco de La Coruña

O emblemático Banco de La Coruña, abría a súas portas hai 90 anos en Riveira, un luns 3 de setembro de 1928. A entidade bancaria, hoxe BBVA, sería o primeiro banco que contaría cunha oficina física en Santa Uxía, sería na rúa Venecia o lado da Farmacia Ferrer.

Posteriormente o 18 de xaneiro de 1950 o banco compraría na Praza de Otero Goyanes, hoxe Porta do Sol,  unha casa de pranta baixa onde levantaría un novo edificio para instalar a súa oficina. Nese mesmo edificio que aínda hoxe acolle o banco, estaría no seu primeiro andar ata 1975, o Círculo Mercantil e Industrial, entidade que este mesmo mes cumpre tamén 90 anos e que foi fundada polo vallisoletano J. Antonio Martínez de la Devesa, con función de Cámara de Comercio.

O Banco de La Coruña foi absorbido a finais de 1970 polo Banco de Bilbao, absorción que iría parella a apertura de novas oficinas ata ser hoxe o BBVA. O Banco de La Coruña, sería a entidade promotora do despegue económico de Riveira na segunda metade do século vinte. O seu apoio débese por exemplo a posta en marcha de FRINSA, a maior das empresas do noso concello dirixida por Ramiro Carregal e que foi creada na década dos sesenta como fábrica de xeo polo Marqués de Revilla, o avogado Iglesias Corral, e a propia entidade herculina amais doutros socios locais e bancarias, pero esa é outra historia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

© 2024: Riveira na memoria | Easy Theme by: D5 Creation | Powered by: WordPress