1974 Derrube Casa Consistorial de Riveira

Nos anos setenta do se´culo pasado a corporación municipal  solicitou unha axuda de Deputación provincial para arranxala Casa Consistorial construída a principios do século XX e cun engadido nos anos corenta.
A cantidade dada pola deputación desbordaba con moito as necesidades de arranxo, polo que se decidiu construír un novo pazo consistorial que daría paso o espantallo coñecido durante moitos anos como o polideportivo ou o cárcere. Os arranxos posteriores arrombaron  algo a imaxe do edificio. Na memoria colectiva  quedou gravada a desfeita do vello consistorio de estilo colonial portugués que ainda que carente de valor histórico davalle un aire de solemnidade á casa do concello. Pero era o boom dos setenta e o crecemento desmesurado e sen control adueñouse de toda a cidade. A fotografía de “González” amosa o derrube dás fachadas. Teño dúbido se era o ano 1974 ou 1972 e polo tanto si o alcalde era Felix García Arriaga (1963-1973) ou Ángel Abalo de la Torre (1973-1975) . O fondo o almacén dás populares “Bodegas La Parra”.

1974 edificio Consistorial de Riveira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

© 2024: Riveira na memoria | Easy Theme by: D5 Creation | Powered by: WordPress