1958 Paso de Xesús no horto dos Olivos

Hoxe Mércores Santo sairá o paso de Noso Señor Xesús no Horto dos Olivos. Esta emblemática procesión ten a súa orixe no ano 1956, cando se creou a confradía do seu nome. Feito en Santiago por J.Aldrey tivo un coste de cen mil pesetas da época e antes de vir a Santa Uxía quedou instalado na entrada da alameda de Santiago ante a expectación dos veciños. A obra estivo no interior do templo parroquial na nave esquerda enfronte á pila bautismal. Sen embargo o feito de ter que desmontalo paso cada semana santa e montalo fora xa que non cabia pola porta principal, fixo que se lle construira unha capela nos terreos do vello camposanto. Ali estivo ata finais dos oitenta en que se lle fixo un apaño no novo edificio.

O conxunto procesionaba inicialmente  o Xoves Santo, si ben caseque de seguido o feito de que participaran na mesma o Cardeal Quiroga Palacios, o gobernador civil e  o marqués que presidía a confradía, fixo que se trasladara o mércores.  Do tamaño da procesión pode dar idea de que levaba duas bandas de música e non se escoitaban entre elas. Nos anos oitenta a procesión volveu sair o xoves santo. Durante dous lustros a imaxe deixou de sair unha vez que Xosé Fernández Cambeiro, que era quen substentaba os custes da procesión deixou de facelo pola idade.

Hai uns anos o concello decidiu recuperala procesión creando nova vestimenta e facendo que saia novamente o mércores pola noite.

o pasoImaxe do Paso no ano 1960

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

© 2024: Riveira na memoria | Easy Theme by: D5 Creation | Powered by: WordPress