A historia do noso Concello (redaccion@riveira.eu 609 800 950 )

A historia do noso Concello (redaccion@riveira.eu 609 800 950 )

1968 Santa Uxía vista nocturna

 

Espectacular imaxe do casco urbano de Santa Uxía a finais da década dos 60. A fotografía tomada no serán, amosa a cidade conservando aínda todo o seu encanto si ben empezan a construírse xa os “mamotretos” que marcaron e marcan o feísmo local das décadas posteriores. Santa Uxía empezaba a perder o encanto da “Cidade Branca da Ría de Arousa” que lle dera o premio nacional de embelecemento de pobos en 1959. Vese aínda a lonxa vella, o peirao e destaca a iluminación do recen estreado Monumento o Sagrado Corazón de Xesús, inaugurado apenas catro anos antes, que  podía divisarse  desde toda a ría.Vista nocturna de Santa Uxía

Vista nocturna de Santa Uxía

© 2019: Riveira na memoria | Easy Theme by: D5 Creation | Powered by: WordPress